Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

3 de diciembre de 2015

SIMULACRO ANTICONTAMINACIÓN EN CAMBADOS








A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, do Servizo de Gardacostas e do Intecmar, puxo a proba esta mañá os protocolos de resposta nun simulacro anticontaminación no porto de Tragove, en Cambados. O presidente de Portos, José Juan Durán, e o subdirector do Servizo de Gardacostas, Lino Sexto, asistiron esta mañá ao exercicio de loita contra a contaminación, na que se recreou unha vertedura de fuel. Na simulación tamén participaron profesionais de Salvamento Marítimo e da confraría de pescadores de Cambados.
A actividade, que consistiu na simulación dunha vertedura de hidrocarburo na zona das instalacións de varada, permitiu comprobar o estado de mantemento dos equipos de loita anticontaminación e a súa capacidade de resposta, formar aos efectivos e coordinar ao persoal das distintas administracións de cara a unha posible situación real dunha vertedura no mar. Deste xeito, os protocolos de resposta ante accidentes ambientais marítimos actualízanse de xeito periódico.
As accións que se levaron a cabo durante a simulación consistiron na recollida do produto disperso pola ría cunha barreira despregada desde a rampla da explanada, na solta de boias á deriva para o estudo da vertedura, na colocación dunha barreira na bocana para impedir a saída do hidrocarburo cara a fóra da dársena e, finalmente, na recollida do contaminante cun skimmer para descargalo nun depósito en terra.
Portos de Galicia convoca de xeito periódico este tipo de exercicios para comprobar e mellorar a capacidade de resposta dos efectivos e o grao de coordinación e efectividade do traballo conxunto de varios departamentos e administracións.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.