Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

13 de diciembre de 2015

O SECTOR DO MAR CONTRA A NOVA LEI DE ACUICULTURA







A conselleira do Mar convida ao sector pesqueiro e marisqueiro a facer propostas para mellorar a Lei de Acuicultura. O prazo está aberto ata o día 15.
Fotografía: El País
A Plataforma de Defensa da Ría de Arousa mantén que a futura lei de acuicultura da Xunta favorece "as multinacionais" e prexudica "as xentes do mar".
O anteproxecto da Lei de Acuicultura de Galicia que anunciou o 3 de decembro no DOG a Secretaría Xeral Técnica da Conselleria do Mar non podía ter un rexeitamento máis contundente por parte do sector marisqueiro de Arousa que este sábado anunciou un paquete de alegacións para frear a reforma da acuicultura galega que pretende converterse nun dos alicerces socioeconómicos do goberno galego nesta lexislatura.

Xunto a este colectivo, mariscadores, mariñeiros e produtores de mexillón mostraron hoxe a súa repulsa o anteproxecto de lei.
Manteñen que non garante o futuro dos sectores produtivos tradicionais e potencia a acuicultura industrial.
Xa presentaron alegacións e aseguran que buscaran a unidade do sector para botar a lei abaixo.

Fotografía: Canal Rias Baixas
As confrarías da Illa, Rianxo, Carril, Cambados, Vilanova, O Grove e Cabo de Cruz, xunto con organizacións mexilloeiras como Opmega, Illa de Arousa, Rianxo, Pobra e Amevila, o Consello do Mexillón de Galicia e os parquistas de Carril, reuníronse onte para facer unha demostración pública de unidade contra o anteproxecto da lei de acuicultura presentado pola o Consellería do Mar. Aglutinados baixo as siglas da PDRA (Plataforma de Defensa da Ría de Arousa), reuníronse na lonxa de Carril para pedir a retirada dun texto que, din, de ser aprobado significará o fin do sector do mar tal e como ata agora coñecémolo. Para tentar frealo solicitarán unha reunión cos cabeza de lista para o Congreso polas provincias de Pontevedra e A Coruña, dos que reclamarán unha oposición tallante a este texto.

Tamén hai que decir que mariscadoras de Cambados negan que esta lei sexa tan perxudicial, declarando que se trata todo dunha gran mentira en periodo electoral.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.