O Fundación Lucentum aguantou o envite do sábado e mantense na terceira posición da táboa tras manterse invicto no Pedro Ferrándiz ante un Xuven Cambados que encadea tres derrotas seguidas.
Mellor posta en escena do conxunto galego, que neutralizaba o ataque levantino (9-16 no primeiros nove minutos de xogo). Ambos os contendentes soltáronse no arranque do segundo acto, cos de Kuko Cruza igualando o encontro (27-26 no ecuador). A facilidade anotadora por parte dos dous equipos seguía e chegábase ao descanso con empate a 40. Á volta, 11-3 de saída para Fundación Lucentum, respondido cun 0-6 de Xuven Cambados. Pero o mando xa era para os locais, que abrían brecha cun parcial 7-0 nos instantes finais do terceiro acto (68-59). E cun 6-0 no comezo do cuarto final, os alacantinos deixaban o choque visto para sentenza (76-62), aínda que nos minutos finais deixaban escapar uns puntos de vantaxe que podían levantarlles á segunda praza.
A clave: Saíndo desde o banco, Jon Ander Aramburu marcou diferenzas: 17 puntos, 10 rebotes e 29 de valoración en apenas 18 minutos de xogo.
Ficha técnica
Fundación Lucentum, 88: Bowie (6), Fuentes (3), Guillén (8), Porcher (6), Sherman (10); Aramburu (17), González (6), Hernández (8), Kody (15), Martínez (9), Rueda (-), Jordá (-)
Xuven Cambados, 79: Chapela (9), Almeida (10), Diouf (8), Hopfgartner (21), E. Quintela (7); Rodríguez (8), Orellano (5), Díaz (-), S. Quintela (11), Callaghan (0)
Árbitros: Alberto Sánchez Ardid y Eva Areste Giralt
Pabellón: Centro de Tecnificcación. 600 espectadores
Estadística
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.