Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

21 de diciembre de 2015

A DEPUTACIÓN AMPLIA O FINANCIAMENTO DO SERVIZO DA AXUDA NO FOGAR







A Deputación de Pontevedra amplía o financiamento do servizo de axuda no fogar para 28 concellos con 125.000 €. En concreto, beneficiaranse desta medida os concellos de Agolada, Bueu, Cambados, Campo Lameiro, Catoira, Cerdedo, Cuntis, Forcarei, Fornelos de Montes, O Grove, A Lama, Meis, Moaña, Mos, As Neves, Pazos de Borbén, Poio, Ponte Caldelas, Pontecesures, O Porriño, Rodeiro, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Valga, Vila de Cruces, Vilaboa e Vilanova de Arousa.

O servizo de axuda no fogar atende a persoas maiores con déficits de autonomía e a persoas con discapacidade, especialmente cando carecen de apoio persoal no seu medio inmediato, a través dos servizos sociais comunitarios municipais. Ademais, proporciona unha reposta preventiva, educativa e socializadora fronte a diversas situacións de familias en risco de exclusión social.
Os obxectivos deste servizo son a mellora da calidade de vida das súas persoas usuarias, a posibilidade de manter a permanencia das persoas no seu contorno habitual, a potenciación da autonomía persoal no propio domicilio, o mantemento, a mellora e a recuperación das redes de relación familiar e social, a prevención de situacións de dependencia ou exclusión social así como o reforzo da solidariedade e a potenciación do voluntariado social.
Con esta ampliación de 125.000 € a Deputación de Pontevedra adxudicou ao longo do ano 2015  1.305.544,18 € aos 53 concellos de menos de 20.000 habitantes para investir no servizo de axuda no fogar.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.