Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

23 de noviembre de 2015

PRETO DE 400.000 PARA CONSERVATORIOS E ESCOLAS DE MÚSICA DA PROVINCIA








A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou subvencións por un valor total de 350.000 € destinados a 46 centros que imparten formación musical na provincia de Pontevedra. En concreto, concedéronse 150.000 € a 10 conservatorios de música, non dependentes da Consellería de Educación, de Cambados, Cangas, A Estrada, Gondomar, A Guarda, Lalín, Ponteareas, Redondela, Tui e Vilagarcía de Arousa. A maiores, 23 escolas de música públicas de Agolada, Baiona, Cambados, Cangas, Catoira, A Estrada, Fornelos de Montes, Marín, Meaño, Moaña, Mondariz, Moraña, As Neves, Ponteareas, O Porriño, Redondela, Sanxenxo, Silleda, Tui, Valga, Vigo, Vila de Cruces e Vilagarcía de Arousa recibirán 150.000 €.  Ademais, 13 escolas de música dependentes de asociacións sen ánimo de lucro recibirán subvencións por valor de 50.000 €, en concreto, a Agrupación Musical de Vincios (Gondomar), a Banda de Música de Lalín, a Asociación do Centro Recreativo e Cultural de Torroso (Mos), a Banda de Música Xuvenil de Xinzo (Ponteareas), a Banda de Música La Unión de Guláns (Ponteareas), Músico Cultural San Martiño de Salcedo (Pontevedra), Agrupación Musical do Rosal, Amigas da Música de Salceda de Caselas, Sociedade Cultural e Deportiva Atlántida de Matamá (Vigo), Unión Musical de Coruxo (Vigo), Unión Musical de Valladares (Vigo), Asociación Banda Escola de Música de Beade (Vigo) e Asociación Pro Escola de Música de Vilanova de Arousa.
No eido deportivo a Xunta de Goberno aprobou o expediente para a contratación, mediante o procedemento aberto e cun orzamento de 240.000 €, da subministración de material deportivo diverso para os clubs federados da provincia de Pontevedra. Por outra banda, tamén se aprobaron as bases para a convocatoria de subvencións, por valor de 197.000 €, a concellos con poboación inferior a 20.000 habitantes, para a adquisición de desfibriladores, o mantemento e a reparación de instalacións deportivas e a adquisición de material deportivo e ocio inventariable durante o exercicio 2015.
En canto aos servizos sociais a Deputación de Pontevedra aprobou a ampliación da subvención dos servizos de axuda no fogar a 28 concellos da provincia de Pontevedra, de menos de 20.000 habitantes, por valor de 125.000 €. En concreto, beneficiaranse Agolada, Bueu, Cambados, Campo Lameiro, Catoira, Cerdedo, Cuntis, Forcarei, Fornelos de Montes, O Grove, A Lama, Meis, Moaña, Mos, As Neves, Pazos de Borbén, Poio, Ponte Caldelas, Pontecesures, O Porriño, Rodeiro, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Valga, Vila de Cruces, Vilaboa e Vilanova de Arousa. 
Ademais, a Xunta de Goberno aprobou unha segunda edición das accións formativas Actívate 2015 concedidas a tres concellos (Ponteareas, Portas e Tui). Actívate 2015 ten por finalidade desenvolver actividades formativas e educativas no ámbito do lecer e do tempo libre para mellorar a formación básica da mocidade da provincia de Pontevedra.  



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.