
Este pasado sábado día 24, disputouse no pavillón Príncipe Felipe de Pontevedra cópaa Deputación de Técnica de Taekwondo, a cal é clasificatoria para a Copa Xunta de Galicia, que se celebrará o próximo 7 de novembro na localidade de Villalba (Lugo).

O Club Vital Sport Cambados e o seu asociado, o Club Gym Vital de Caldas de Reis, conseguiron clasificar a oito deportistas para a fase autonómica, sendo os clasificados Lucas Fojo Lago, Ariana Mosteiro Vilas, Alba Conde Aragunde, Aitana Rei Gómez, Daniel López García, Yoel Moares Freiría, Mario Abal Martínez e Mario Branco Falcón, os cales acudirán á cita de Villalba, dentro de dúas semanas e realizar un bo papel neste campionato Autonómico.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.