Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

19 de octubre de 2015

O GRUPO NOVE SÚMASE A CAMPAÑA "NON PIQUES NON PEQUES"









A campaña “Non piques non peques” posta en marcha pola Consellería do Mar, nace co obxecto de fomentar o respecto da cidadanía aos talles mínimos establecidos pola Lei, ás especies ovadas ou que aínda non chegaron á súa madurez e que se cumpran os períodos de veda nos que non se pode consumir. O obxecto que persegue é o de axudar a preservar o labor, esforzo e dedicación de todos os colectivos vinculados ao mar que traballan dentro da legalidade. Esta campaña de concienciación estase a desenvolver a través de folletos informativos, vallas publicitarias e anuncios nos diferentes medios de comunicación e con puntos de información nos distintos establecementos adheridos.
Grupo Nove
Este grupo de restauración está formado por 22 cociñeiros e 18 restaurantes que co seu traballo e cos seus pratos buscan reivindicar a modernidade e vixencia da nova cociña galega, sen renunciar ás orixes da vangarda gastronómica de Galicia, que combina o mellor da tradición e da innovación. Este colectivo cociña produtos de tempada e pratos creativos co obxecto de difundir a cultura gastronómica galega e a nova cociña a toda a poboación, dentro e fóra de Galicia, buscando, deste xeito, que cada vez máis xente acuda aos restaurantes do grupo atraída polas creacións gastronómicas de calidade.
No showcooking, os cociñeiros do Grupo Nove Pepe Solla, Yayo Daporta e Lucía Freitas prepararon uns pratos a base de produtos do mar galegos, que despois degustaron os asistentes.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.