Tódolos mércores do vindeiro mes de novembro será impartido un curso de formación, no salón de actos de Exposalnés, dirixido a coidadores non profesionais de persoas con alzheimer e outro tipo de demencias. O horario do curso será de 17:30 a 19:30.
O obxectivo do curso será achegar formación e información básica ás familias coidadoras de enfermos con alzhéimer e outras demencias para afrontar os coidados, así como formación específica sobre os diferentes tipos de demencias, ofrecendo respostas concretas ás dúbidas diarias do proceso de coidado dunha persoa dependente.
A primeira sesión, impartida o 4 de outubro, constará dunha introducción á enfermidade de Alzheimer e outras demencias, e os seus síntomas cognitivos.
O 11 de novembro impartirase a segunda sesión do curso, sobre os síntomas non cognitivos da enfermidade, transtornos psicolóxicos do comportamento, e terapias non farmacolóxicas.
O día 18, os módulos a impartir serán comunicación coa persoa con demencia, e coidado da persoa coidadora.
Finalizarase o día 25, cun módulo sobre as asociacións de familiares, e cos grupos de axuda mutua.
Para máis información, pódese poñer en contacto cos servizos sociais do Concello, chamando ao teléfono 986 52 09 02.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.