Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

26 de octubre de 2015

109 BIBLIOTECAS GALEGAS RENOVARÁN OS SEUS FONDOS









 

Un total de 109 municipios de toda Galicia beneficiáronse da liña de axudas convocada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para a mellora das coleccións bibliográficas das bibliotecas e axencias de lectura públicas municipais nas anualidades de 2015 e 2016.
Segundo establece a resolución desta subvención plurianual, publicada hoxe no ‘Diario Oficial de Galicia’, a Secretaría Xeral de Cultura destina un total de 176.419,72 euros para a adquisición de fondos bibliográficos en centros integrados na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. Deste importe, as adxudicacións das axudas foron de 554,77 euros para nove concellos, de 1.109,5 euros para 30 municipios, de 1.664,34 euros para 39 das localidades beneficiarias, de 2.219,11 euros para 23 concellos e de 2.773,9 euros para os oito municipios restantes.
Adquisición de novos fondos
A través destas axudas, as bibliotecas e axencias municipais poderán adquirir monografías, tanto libro infantil e xuvenil como para adultos; material sonoro (CD e vinilo), videogravacións (DVD e Blu-Ray), recursos electrónicos (CD-ROM, DVD-ROM ou calquera outro formato para videoxogos), partituras e material cartográfico. Estes materiais deberán estar dirixidos ao mantemento ou renovación da colección e terán por obxectivo o préstamo a domicilio ou a consulta dentro das instalacións da propia biblioteca.
Mellorar os servizos bibliotecarios
Desde o ano 2014, a Secretaría Xeral de Cultura promove a mellora das coleccións bibliográficas a través dunha convocatoria de subvención plurianual destinada aos concellos de Galicia titulares de bibliotecas ou axencias de lectura pública integradas na Rede de Bibliotecas de Galicia cunha poboación igual ou inferior a 30.000 habitantes, da que na pasada convocatoria se beneficiaron 98 concellos.
O principal obxectivo desta liña de subvencións é ampliar e renovar os fondos bibliográficos que configuran as coleccións das bibliotecas públicas municipais de Galicia, mediante a adquisición de novidades bibliográficas, co fin de colaborar na súa actualización e mantemento e, deste xeito, atender as demandas dos usuarios e usuarias.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.