
O Concello de Cambados informa de que continúa aberto o proceso de selección do alumnado que participará no Plan Integrado de Emprego "Emprega Salnés IV". Este proceso prolongarase durante todo o mes de setembro, polo que aquelas persoas que estén interesadas en participar deberán inscribirse nas oficinas de emprego no código 390 (Plans Experimentais).
A duración do Programa será de 12 meses e os participantes (100 desempregados), recibirán todo tipo de formación e asesoramento individualizado. Posteriormente procederase a realizar unha importante prospección de cara a súa inserción profesional.
Poderán recibir máis información na oficina municipal de emprego (rúa Ourense) ou nas oficinas da Mancomunidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.