Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

2 de septiembre de 2015

O HOME COS RAIOS X NOS OLLOS












O HOME COS RAIOS X NOS OLLOS
No ano 1963 o finado Roger Corman filmou un dos cumios do cine fantástico. Como tal tamén hai que tildar o derradeiro artigo pubricado en O Solpor en Cambados polo  xa famoso Dilios el Hoplita. Son tal o cúmulo de teorías científicas, de supostos sabotaxes, e de nulo sentido do ridículo que xa pertence por méritos propios ao xénero do oculto e do sobrenatural.  Coma Ray Milland na fición o Dilios percura o suero da verdade unha vez xa non ten financiación por parte dos veciños e  o seu obxectivo e ir máis alá dos límites da ciencia.

As teimas principiaron desde o mesmo instante que lle dixeron onde estaba a porta e que a pechara por fóra, e con él outro científico que está nestes intres tentando dividilo átomo. Dilios coas súas gafas de raios X vía unha praza de abastos en Cambados que non ía supor nengún problema para os veciños: como se sufraga pregunto eu unha infraestructura semellante sen que aos veciños nos sableen a impostos. A ver que superficie comercial é tan solvente para montar un supermercado onde non se poden vender productos frescos e que tería que abonar un canon de máis de 700.000 euros. Que lle parecería ás prazeiras aparte do que agora pagan que lles pasaran unha factura  100 euros a maiores e nin mentar o mantemento, non sei cantos ascensores levaba, coma El Corte Inglés  Cambados é unha vila pequena e coma suliñou o Portavoz Municipal Xurxo Charlín non está para sablear aos veciños senon para que teñan unhas infraestructuras que podan sustentar e que non supoñan un maior subida dos impostos de aí que estea en negociacións para reformalo primeiro proxecto e dotalo do básico, que non estamos para proxectos Faraónicos onde os que fan o negocio resulta que son as contratas e os concesionarios.

Outra das paranoias que ten o noso Ray Milland particular son os columpios. Dotar as parroquias coma Castrelo dunha especie de Disneylandia. É notorio o malestar que os veciños tiñan co anterior goberno (de aí a inxente perda de votos) xa que os  xerifaltes daquela baixaban do coche enfundados co seu traxe e a súa garavata e ollaban coas gafas esas de Dilios e a renglón pasado voltaban a subilo auto e liscar. Á xente esa clase de comportamentos non lles gosta,  coma se lles miraba por riba do hombro por ser segundo o PP uns aldeanos, se non é que non o entendo. Pos unha simple ollada ao resultado eleitoral colleitado polo PP por exemplo en Corvillón da unha idea do potente cabreo que estos acenos provocou. O de Castrelo, cos problemas que hai de alcantarillado, de falla de transporte público, estructurais, sen paliar desde fai 30 anos e van éstes e  pretendían  meter 40.000 euros nun parque temático:  Port Aventura Castrelo.

E coma non, a némese do artigo e a pedrada adicada á Festa do Albariño que tentaron danar na súa imaxe por  tódolos medios posibles antes da súa celebración. Que si a Alcaldesa minte (non toma o suero de Dilios) cando reflicte que hai cuestións  coa seguridade que hai que atallar, algo que corroborou en rolda de prensa Víctor Caamaño, membro da Xunta de Goberno Local. Pos vai a ser que sí e os veciños estamos de acordo. Este modelo de festa herdado do PP é un perigo porque pode provocar unha desgraza  dada a cantidade de visitantes e o pouco espazo existente. Hai que percurar un turismo de calidade que nos visite nesas datas e  que non que seña coma co PP un macrobotellón onde fan negocio principalmente os supermercados. A Festa se programa polo menos con 6 meses de antelación e éstes camándulas (coma o do recinto para a Festa Máxima FM) sempre facían as cousas mal e tarde, así lles foi.

Un “constructor”  coma  Luis Aragunde quería unha Marbella para Cambados  cando o principal activo da nosa vila é o mar e o campo, o comercio, e por suposto dotar de Industria a un Polígono Industrial semivaleiro. Tan mal deseñado estivo aquelo  que por facer nin siquera fixeron unha pequena depuradora  para dar  solución aos verquidos. E que dicir do mar, hoxe sen ir máis lonxe  atopeime cun amigo que traballa no cerco e me dicía: “Non vale a pena traballar … co que saquei hoxe apenas teño para pagalo jasoil e segundo vaia a subasta a ver se me quedan 10 euros para facela compra”. Tremendo:  parte deste sector foi ao primeiro Pleno e exasperado lle adicou unha ristra de descalificativos a Luis Aragunde. Non digo que estea ben feito pero non todos somos quen de canalizala  tensión cando son anos e anos de promesas incumpridas e na casa se pasa necesidade (a que Luis coas gafas esas non vía).

O Saco de Fefiñáns: cantos cartos meteron alí éstes sen  consultar previamente coas afectadas (as mariscadoras) e tendo coma valedor a afíns ao PP que lles chaman aos “catro alcaldes” fillos de puta. “Santa paciencia” hai que ter con éstes só lembrando o escoitado a Luis en sesión plenaria, concordo en que neste novo goberno pode facelas cousas millor ou pior (o tempo o dirá)  pero polo momento en educación está a anos luz do anterior. A Fátima Abal, Víctor Caamaño, Xurxo Charlín ou  Xosé Ramón Abal aínda non lles escoitei nengún improperio porque é xente que sabe o lugar que ocupa, que son un espello para os veciños.

As gafas esas especiais fixeron estragos no PP e agoran choran polas esquinas e din “que co que había  non se podía facer máis” (Luis Aragunde). Pos non: nen coa xente que te acompañaba nen coa actual se vai a parte algunha. Penso con sinceridade que hai que lle dar unha oportunidade a este novo goberno de amosar a súa valía e cando se axita a dereita e que mal non o están a facer, ao contrario. A retranca Galega é un ben que compre conservar e lle suxerín a un deles que se tan fastidiados están que presenten unha moción de censura. “Non, agora xa non se pode,  levan eles o control”. Certo, e espero coma tódolos veciños que confiamos neles co noso voto que o sigan facendo tan ben coma polo menos ata o de agora e  gobernar coma di a nosa Alcaldesa Fátima Abal con sentido da responsabilidade.

Un artigo de Óscar Manuel Núñez.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.