Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

2 de septiembre de 2015

ESTABLECEMENTO DE ADICACIÓNS E FIXACIÓN DE RETRIBUCIÓN NO CONCELLO DE CAMBADOS








     ESTABLECEMENTO DE ADICACIÓNS E FIXACIÓN DE RETRIBUCIÓNS

Faise publico para xeral coñecemento que o Pleno da Corporación Municipal de Cambados, en sesión celebrada o día 30.06.2015, por maioría, acordou prestarlle aprobación á seguinte proposta da Alcaldía: ”É vontade desta Alcaldía e do grupo de goberno prestar un decidido servizo á cidadanía, contribuíndo activamente a satisfacer as necesidades e aspiracións dos veciños do Concello de Cambados; con tal motivo, e coidando que a complexidade e volume de competencias asumidos nos últimos anos polas Corporacións Locais fai imprescindible manter unha especial adicación por parte dos cargos electos, nuns casos plena e constante, e noutros, aínda sen dedicación exclusiva, sí cunha especial intensidade que os obriga a compaxinar a súa actividade laboral co desenrolo do seu cargo.

Esto implica a necesidade de establecer os cargos para os que o exercicio do posto requira adicación exclusiva e os que precisan de ser desenrolados, canto menos, cunha adicación parcial, así como as características e retribucións de ambos supostos.  Neste caso, a regulación, características e retribucións dos mesmos irán acompañados da determinación do seu réxime de dedicación mínima.

A actual normativa, prevista nos artigos 75 bis e ter da Lei 7/1985, de 2 de abril. Na súa consecuencia, e no marco da actual lexislación básica aplicable á materia, dentro das posibilidades orzamentarias do Concello de Cambados, esta Alcaldía somete á consideración do Pleno da Corporación a seguinte PROPOSTA:

PRIMEIRO:Aprobar que, con efectos do día 30 de xuño de 2015, data de aprobación por parte do Pleno da Corporación e aceptación pola interesada, a Sra. Alcaldesa Dª FÁTIMA ABAL ROMA, membro electo desta Corporación, desenrole o seu cargo e as funcións correspondentes con ADICACIÓN EXCLUSIVA, fixándoselle en atención á súa responsabilidade, e tomando como referencia as retribucións do persoal ó servizo do Concello de Cambados, unhas RETRIBUCIÓNS brutas anuais de 40.000 €, que se dividirán en catorce pagas, das que doce o serán con devengo mensual e dúas devengaranse nos meses de xuño e decembro.

SEGUNDO.-Aprobar que, con efectos do 30 de xuño de 2015, data da súa aprobación polo Pleno da Corporación e aceptación polo interesado, o Concelleiro e Primeiro Tenente de Alcalde, D. VÍCTOR MANUEL CAAMAÑO RIVAS, membro electo desta Corporación, desenrole o seu cargo exercendo as súas funcións con ADICACIÓN EXCLUSIVA, fixándoselle en atención á súa responsabilidade, e tomando como referencia as retribucións do persoal ó servizo do Concello de Cambados, unhas RETRIBUCIÓNS brutas anuais de 39.500 €, que se dividirán en catorce pagas, das que doce o serán con devengo mensual e dúas devengaranse nos meses de xuño e decembro.

TERCEIRO.- Aprobar que, con efectos do 30 de xuño de 2015, data da súa aprobación polo Pleno da Corporación e aceptación polo interesado, o Concelleiro e Segundo Tenente de Alcalde, D. JOSÉ RAMÓN ABAL VARELA, membro electo desta Corporación, desenrole o seu cargo exercendo as súas funcións con ADICACIÓN EXCLUSIVA, fixándoselle en atención á súa responsabilidade, e tomando como referencia as retribucións do persoal ó servizo do Concello de Cambados, unhas RETRIBUCIÓNS brutas anuais de 39.500 €, que se dividirán en catorce pagas, das que doce o serán con devengo mensual e dúas devengaranse nos meses de xuño e decembro.

CUARTO.- Aprobar que, con efectos do 30 de xuño de 2015, data da súa aprobación polo Pleno da Corporación e aceptación do interesado, o Concelleiro D. XURXO CHARLÍN TRIGO, membro electo desta Corporación, desenrole o seu cargo e as función correspondentes con ADICACIÓN PARCIAL, fixándoselle en atención á súa responsabilidade e proporcionalmente á dedicación mínima proposta (equivalente a 5 horas diarias), unhas RETRIBUCIÓNS BRUTAS ANUAIS de 22.500 €, que se dividirán en catorce pagas, das que doce o serán con devengo mensual e dúas devengaranse nos meses de xuño e decembro.

QUINTO.-Que os citados cargos electos sexan dados de alta no réxime xeral da seguridade social, con efectos dende o 30 de xuño de 2.015, data da súa aprobación e aceptación, asumíndose pola Corporación o pagamento das cuotas empresariais correspondentes.

SEXTO.- Que as retribucións dos cargos electos con dedicación exclusiva ou parcial se imputen á correspondente aplicación orzamentaria e experimenten os incrementos que as Leis de Orzamentos Xerais do Estado aproben con carácter xeral para os funcionarios públicos.

SÉTIMO.- Que a determinación dos membros da Corporación que desenrolarán os seus cargos con adicación exclusiva e parcial surtirá efectos económicos a partires do 30 de xuño de 2015, unha vez que os nomeados acepten expresamente o seu nomeamento. 
OITAVO.- Que se proceda á publicación do acordo adoptado no Boletín Oficial da Provincia e no taboeiro de anuncios da Corporación”.

Cambados, a 3 de agosto de 2015.—A Alcaldesa, Fátima Abal Roma.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.