Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

4 de septiembre de 2015

O BASQUET CORUÑA RIVAL DO XUVEN NA COPA GALICIA








A XXX Copa Galicia, o evento máis relevante da pretempada do baloncesto galego e cuxa sede oficial este ano é a cidade de Ourense xa está  preparada.  O Xuven de Cambados o 15 de setembro no pavillón cambadés do Pombal, xogará contra Leyma Basquet Coruña de acordo co sorteo da fase previa e o calendario definido para a competición, tras a reunión da Federación Galega de Baloncesto e os clubs participantes.

O certame deportivo reunirá seis equipos:  ObradoiroCOBBreogánCambados, Marín, eo Leyma Básquet Coruña. O sistema de competición formula unha eliminatoria previa, da que están exentos o Obradoiro, pola súa condición ACB, e o COB por ser anfitrión.

Como resultado do sorteo para a rolda previa -onde compiten equipos Leb Oro contra Leb Plata- o Básquet Coruña medirase fronte ao equipo cambadés, mentres que o Breogán o fará contra o Marín.

Os dous equipos que pasen esta primeira fase, xogada a partido único na cancha do equipo de Leb Plata, irán ás semifinais do venres 18 en Ourense. O vencedor do choque Leyma Básquet Coruña-Xuven terá fronte a si o COB, mentres que o vencedor do encontro Breogán-Marín loitará contra o Obradoiro. A final celebrarase ao día seguinte, sábado 19.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.