Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

3 de septiembre de 2015

DELEGACIÓN NA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DAS ATRIBUCIÓNS DO PLENO QUE SEXAN DELEGABLES









DELEGACIÓN NA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DAS ATRIBUCIÓNS DO

PLENO QUE SEXAN DELEGABLES

Faise publico para xeral coñecemento que o Pleno da Corporación Municipal de Cambados, en sesión celebrada o día 30.06.2015, por maioría, acordou prestarlle aprobación á seguinte proposta da Alcaldía:

“Os artigos 21.3) e 23.4) da Lei 7/85, de Bases do Réxime Local, e o 61.3) da Lei 5/97 de A.L.G., en relación co artigo 15 do Regulamento Orgánico Municipal e 43 do R.O.F. permiten á Alcaldía delegar atribucións na Xunta de Goberno Local.

Na súa consecuencia, pola presente teño a ben RESOLVER:

1º.- Delegar na Xunta de Goberno Local as atribucións relacionadas no citado artigo 21 da Lei 7/85 e 61 da Lei 5/97, agás as que se indican de seguido:

• Convocar e presidir as sesións do Pleno da Corporación e da Xunta de Goberno Local.
• As correspondentes aos apartados b), f), h), j) e k) do apartado 1 do artigo 61 da citada Lei de Administración Local de Galicia.
• A aprobación dos pagamentos a xustificar.
• A aprobación da Liquidación dos Orzamentos.
• A aprobación das modificacións orzamentarias que non sexan competencia plenaria.
• A incoación dos expedientes de contratación.
• A aprobación das nóminas do persoal.
• A aprobación das liquidacións tributarias e os recursos contra as citadas liquidacións.
Así mesmo, quedan delegadas as atribucións a que se concretan os números 9 e 21 do artigo 41 do mencionado Regulamento de Organización, Funcionamento e Réximen Xurídico das entidades locais; todo elo sen prexuizo das delegacións especiais que poidan decretarse cando se coide procedente e das que, en todo caso, darase conta ó Pleno.

2º.- Que da presente Resolución se dea conta ó Pleno da Corporación, na primeira sesión que celebre; e,

3º.- Que, segundo o preceptuado polo artigo 44.2 do repetido R.O.F., se remita edicto ó B.O.P., co contido da presente Resolución.”





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.