
Alicia comezou a nadar hai apenas un ano por un problema na cadeira "que me impedía facer o tipo de deporte que practicaba ata ese momento, polo que non me quedou máis remedio que ir á piscina".
A rutina de facer rúas sen outra compañía pronto fíxoselle tediosa, porque como ela recoñece "o que me gusta é estar en contacto con outras persoas e os deportes de grupo", polo que decidiu buscar unha motivación. Esta xorde nas redes sociais cando encontra "un rapaz que en Barcelona fai unha proba de natación para recadar fondos para un refuxio de animais. Como eu estaba a colaborar co de Cambados e me falaran moi ben da proba do Desafío de Cíes decidín apuntarme".

Todo o artigo en LOCAL@ATLANTICO.NET
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.