Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

13 de agosto de 2015

"RADIO PESQUERA" NOS XOVES DE CÓDAX






Cinco entidades benéficas recibiron onte fondos recadados durante o mes de xullo no ciclo de concertos " Os Xoves de Códax", que promove e organiza a adega Martín Códax de Cambados.
Os concertos semanais do mes de xullo rexistraron todos un cheo de público, con todas as entradas vendidas, polo que o total recadado supera os 7.500 euros, unha vez excluída a parte correspondente a impostos.
Esta tarde está prevista a actuación de Radio Pesquera, na terraza das instalacións e sempre acompañando as reunións cos mellores viños. As entradas levan esgotadas dende hai máis dunha semana. Os beneficios que se obteñan durante é mes de agosto destinaranse a CáritasSolidariedade Galega co Pobo SaharauiAfaga e Cociña Económica de Santiago.

Norte e Sur. Galicia e Andalucía. O un, Pablo Novoa, de Vigo. O outro, Nono García, de Barbate (Cádiz). Dúas guitarras. Un, a guitarra eléctrica. Outro, a guitarra española. Entre atún gaditano e mexillóns galegos anda a cousa. E no centro un proxecto común,Radio Pesquera, que presentan cun primeiro disco instrumental gravado en directo.

Son dous músicos que navegaron en barcos diferentes: Pablo foi compoñente de Golpes Baixos e na actualidade toca na banda de Iván FerreiroNono moveuse nas augas do flamenco jazz e publicou varios discos en solitario. Pero chegaron a un mesmo porto no que conflúen peixes que traen sonoridades bañadas polo Atlántico.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.