Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

9 de agosto de 2015

PRESENTADA A FEIRA DE OPORTUNIDADES DA VINDEIRA SEMANA





Zona Centro presentou a Feira de Oportunidades 2015 que servirá para que o comercio local poña a venda as últimas unidades do seu stock a uns prezos inmellorables os vindeiros 14, 15 e 16 de agosto. Á presentación contou coa presencia de Juan Rey, presidente de Zona Centro, Xurxo Charlín e Constantino Cordal, concelleiros do Concello de Cambados, e Augusto Chaves, xerente da asociación Esperanza Salnés.

FEIRA DE OPORTUNIDADES 2015

- Lugar de realización: Paseo da Calzada s/n – Cambados.

- Data de realización: días 14, 15, e 16 de agosto de 2015. 

- Horario: Ininterrompido de 11:00 a 23:00 horas

- Dimensión total da feira: 1.000 m2.

- Destinado a exposición: 400 m2.

-  Número e dimensión dos postos: 42 postos de 3x3 metros repartidos en 13 ocos de 1 módulo, 9 ocos de 2 módulos, 2 ocos de 3 módulos, e 1 oco de 5 módulos.

- Número de expositores: 28 expositores, dos cales 20 son de Cambados e 8 forános (1 de O Grove, 1 de Portonovo, 1 de Ribadumia, 2 de Vilanova de Arousa, 1 de Vilagarcía de Arousa, 1 de Boiro, 1 de Lalín)

- Sector comercial e produtos: Téxtil, calzado, deporte, e decoración.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.