Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

12 de agosto de 2015

MARTÍN CÓDAX ENTREGA 7500 EUROS A ENTIDADES BENÉFICAS








A adega Martín Códax entregou esta mañá o recadado na venda de entradas dos Xoves de Códax ás cinco entidades sociais beneficiadas. En total 7.500 euros que irán para proxectos sociais e de apoio á investigación de enfermidades, á doentes e ás súas familias.  
Fundación Amigos de Galicia, Esperanza Salnés, Asociación Española Contra o Cancro, a Fundación Andrea e Ingada. Son as cinco entidades seleccionadas por Martín Códax como beneficiarias da recadación este ano dos Xoves de Códax. A contía correspondente a este mes de xullo recibíana esta mañá. 1.500 euros para cada unha das entidades, dedicadas a proxectos sociais. No acto, cada unha delas explicou a que se destinarán estes fondos. Para algunhas, vitais. É o caso de Esperanza Salnés, a única na comarca dedicada á atención de persoas con discapacidade psíquica; ou Ingada, con apenas ano e media de vida.   A Asociación Española Contra o Cancro é outra das beneficiadas. Os recursos irán para os programas de acompañamento a enfermos e familiares, campañas de información e sobre todo a investigación.   Nunha liña semellante se move a Fundación Andrea, dedicada desde hai unha década ó apoio de nenos con enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais. Ofrecen apoio económico a familias con escasos recursos, un programa de adecuación das estancias hospitalarias para que os cativos se sintan máis cómodos e unha bolsas de casas para as familias dos nenos que se teñen que desplazar a Santiago, ó ser o hospital de referencia o Clínico.   A lista complétaa a Fundación Amigos de Galicia, que se dedica á cobertura de necesidades básicas a familias sen recursos e promove un servizo de integración laboral para persoas en risco de exclusión social.   Todas agradeceron a iniciativa de Martín Códax e animaron a outras empresas privadas a que promovan este tipo de iniciativas solidarias. 




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.