Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

25 de agosto de 2015

HOXE CLAUSÚRASE A 3ª EDICIÓN DE PEQUECHEFS DE CONTO!






O Salón J. Peña acolle a clausura da terceira edición do taller de cociña que fomenta a animación á lectura, Pequechefs de conto!.Dito curso, que se organiza durante os meses de xullo e agosto dende a Biblioteca Municipal Casa dos Fraga, e que imparte Rocio Garrido, editora de “La cocina de mi abuelo”, mestura divertidas historias da literatura actual galega como “Bóla de Manteiga”, “Pirracas e as patacas”, “Corre, corre cabaciña” etc. coa elaboración de pratos doces e salgados, empregandoprodutos de tempada.

De entre as receitas salgadas feitas nestas semanas destacan dende unhas barcas mexicanas con conserva de Cambados e verduras, a un pastel frío, mini hamburguesas con vexetais, ou empanadillas con diferentes recheos etc.

En canto ás preparacións doces elaboraron dende unhas rosquillas de mazá, un trifle de froitas de tempada, ou uns bombóns de oreo.
En todas as edicións a elaboración dos pratos é feita por eles mesmos seguindo todos os pasos, dende amasar, cortar, mesturar, decorar, etc.tratando de inculcar ademais hábitos saudables entre os cativos, incentivando o consumo de froitas e verduras, peixe, conservas etc.


Nesta última sesión os “pequechefs”contarán cunha visita moi especial, a dunha representación de Guimatur, a asociación de mariscadoras e redeiras de Cambados que realizan visitas guiadas polo patrimonio marítimo-pesqueiro do Concello dende 2004. A partir das 10.30 horas, os 16 alumnos inscritos coñecerán de primeiraman, a través dunha breve proxección, en que consisten as tarefas das mariscadoras e redeiras, como o seu traballo extractivo, a vixiancia, a resembra, a limpeza das praias etc. Amais, levarán mostras das cunchas das especies que recollen na ría, así como das ferramentas que precisan nos seus quefaceres cotiáns, como o ganchelo ou o angazo. Por último falarán do seu proxecto como guías de excepción polo mar de Cambados, dando a coñecer a riqueza paisaxística e gastronómica do mesmo. Este martes a última receita deste taller vai estar, como non, adicada ao mundo mariñeiro.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.