Xunto coa Feira de Oportunidades e a Festa de San Roque que se celebrarán en Cambados na vindeira fin de semán o venres pola noite un concerto solidario co que colabora o Concello a beneficio de Esperanza Salnés, un colectivo que axuda a nenos con minusvalidez e que padece de forma estrutural un grave problema económico que de non ser polo apoio dalgunhas administracións estaráse a falar da súa disolución.Os grupos Modestia Aparte e A Cámara Lenta. Será as 22 horas, na Praza do Concello, con entrada gratuíta pero poñeranse á venda ao prezo dun euro unhas rifas coas que se poderá entrar no sorteo de 200 euros en vales de compra. O premio concédeo a asociación de comerciantes Cambados Zona Centro. Ademais, sortearanse artigos cedidos por comerciantes de forma desinteresada.
No Concello explican que a súa intención de cara ao futuro é incrementar a axuda municipal a Esperanza Salnés, e que o concerto do venres pola noite servirá tamén para darlle lustre a outro fin de semana especial na vila. A comisión de festas de San Roque de Cambados estrea este ano nova directiva, e volven a celebrarse dous días de festa, así o sábado 15 de Agosto haberá
Alborada a cargo do grupo de gaitas “Os Cruceiros” de Vilalonga e Con de Xido de Castrelo, acompañados de papamoscas e cabezudos e a partir das 22 horas , verbena coa actuación de Nueva Era e de Caché. Xa o domingo 16, festividade do Santo, pola mañá alborada a cargo da Asociación Músico cultural de Ribadumia e dos grupos de gaitas os Cruceiros de Vilalonga e Con de Xido de Castrelo, seguidos de papamoscas e cabezudos, diversos actos litúrxicos e pola noite gran verbena amenizada pola orquestra Gran Casino.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.