Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

2 de agosto de 2015

FEIJÓO SALIENTA O CRECEMENTO DA FESTA DO ALBARIÑO







A Festa do Albariño que neste 2015 cumpre 63 anos, contou coa presenza do presidente de Galicia que apuntou que “o albariño converteuse co paso do tempo nunha sorte de freguesía que reúne a súa parroquia cada primeiro domingo de agosto”. “Non pasa ano no que este Pazo de Fefiñáns e a vila enteira non estean máis ateigados que o anterior”, abondou.
Feijóo destaca o albariño como “un viño que traspasa as nosas fronteiras” e subliña o peso das exportacións que representa un 25% do total da produción
Salienta os datos de internacionalización do viño da D.O. ‘Rías Baixas’ que no último curso acadaron máis de 50.000 hectolitros que viaxaron a países como Estados Unidos, Reino Unido, Alemaña, Holanda, Bélxica, Xapón, México, Suíza ou Noruega
Fai fincapé nas 4.027 hectáreas para producir viño ‘Rías Baixas’ ou no valor económico estimado alcanzado no mercado “que rozou os 1.000 millóns de euros”
Asegura que “o albariño converteuse co paso do tempo nunha sorte de freguesía que reúne a súa parroquia cada primeiro domingo de agosto”
Seis novas damas e cabaleiros
Nas súas verbas, Feijóo gabou a 
traxectoria dos “seis nomes que este ano engrosan a ilustre institución protectora do viño cambadés teñen tanto merecemento desta homenaxe como bo traballo farán en nome do albariño”. As tres novas damas e os tres novos cabaleiros da Orde do Albariño foron investidos polo presidente da Xunta.

Entre os galardoados atópanse persoeiros do mundo do xornalismo, como o presentador, escritor e pregoeiro do Xantar da Festa do Albariño, Manuel Gimenez Cuevas ou a directora da TVG, Rosa Vilas; profesionais que traballan na industria do viño como a presidenta de Masters of Wine, Sarah Janes Evans, ou o director da Adega Bouza do Rei, Isidoro Serantes; xentes das finanzas como o vicepresidente de Abanca, Juan Carlos Escotet, ou da política, como é o caso da nova alcaldesa de Cambados, Fátima Abal. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.