O Túnel do Viño Rías Baixas consolídase como un referente na programación da Festa do Viño Albariño Denominación de Origen Rías Baixas cun notable incremento no número de visitantes. Medio millar de persoas achegáronse ás instalacións do Salón de Exposicións e Congresos José Peña de Cambados para degustar máis de 140 marcas desta denominación, ademais de asistir a algunha das 13 catas temáticas ofrecidas por un total de 12 adegas.
Este aumento no número de participantes foi corroborado polo sumiller Nacho Costoya, coordinador desta actividade, quen destacou "o incremento de asistentes con respecto a edicións anteriores". Especialmente rechamante foi a presenza de "máis profesional que outros anos, mesmo procedente doutras denominacións de orixe galegas, e, sobre todo, de moita xente nova. Isto demostra o crecente interese polos viños Rías Baixas", explica Costoya. O groso dos asistentes, ao redor dun 70% correspondíase cun público especializado, mentres que o 30% restante foron afeccionados ao mundo da enoloxía.
En canto ao sector máis novo, máis da metade tiñan con idades comprendidas entre os 25 e os 35 anos, aproximadamente. Estes catadores afeccionado mostráronse moi interesados por coñecer marcas doutras anadas e por comparalos cos de 2014. Entre as consultas máis recorrentes realizadas a este sumiller solicitáronse, segundo indicou Costoya, "máis detalles sobre o perfil organoléptico e aromático dos viños".
A cantidade de asistentes ao Túnel do Viño da Denominación de Orixe Rías Baixas fai necesario, en palabras de Nacho Costoya, que "de cara á próxima edición se amplíe un pouco máis o espazo expositivo. Deste modo, pódense ver con máis calma os viños, conclúe o destacado sumiller.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.