Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

27 de julio de 2015

XUVENTUDE, MEDIO RURAL, E COOPERATIVISMO EN CONDES DE ALBAREI







A adega Condes de Albarei en Castrelo-Cambados (Pontevedra) acolle hoxe luns 27 de xullo unha das xornadas do programa Xuventude, medio rural e cooperativismo, onde se expoñerán as vantaxes que ofrece o modelo cooperativo, para facilitar a incorporación xuvenil á actividade profesional no terreo rural.

Iniciarase cunha contextualización e promoción do emprego cooperativo xuvenil no ámbito rural e cun relatorio sobre os particulares da incorporación á actividade agrogandeira a tempo completo ou parcial, a cargo de David Vila (técnico da Asociación Galega de Cooperativas AgrariasAgaca). Á súa vez, Tomás Gómez (técnico de Agaca) explicará as axudas e apoios para a incorporación xuvenil que existen a nivel institucional.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.