Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

24 de julio de 2015

TODO O PROGRAMA DA FESTA DO ALBARIÑO








Dende o concello de Cambados veñen de  facer publico o Programa Oficial da LXIII Festa do Albariño. Este programa tamén esta dispoñible a través dunha App para teléfonos móbiles, que se pode descargar no seguinte enlace e que ademáis podedes ver deseguido.




Fátima Abal Roma
Alcaldesa de Cambados
Velaquí chega outro ano máis a nosa Festa do Albariño, a cita anual
que fai que o nome do noso Concello se oia incluso alén do mar.
Este ano celebraremos con todos os veciños e veciñas e con gran
multitude de visitantes que se achegan á nosa vila nestas sinaladas
datas a súa LXIII Edición.
Desde o equipo de goberno que presido, é para min unha honra poder
presentarvos este programa dos festexos, froito dun grande esforzo
e da ilusión de moitas persoas e colectivos que están detrás de cada
unha das actuacións e actos.
Sabedes que a Festa do Albariño é unha gran Festa, que dura cinco
días coas súas cinco longas noites. Para nós foi un gran reto organizar
este gran evento en tan curto espazo de tempo, pero estamos seguros
que saberemos contentar a un gran abanico de persoas: maiores, mozos
e nenos, sexan estranxeiros, nacionais ou veciños.
Parabéns á veciñanza de Cambados por conseguir manter e facer medrar
esta festa.
Parabéns tamén a todos os que co seu esforzo e traballo fan que a
festa se faga un ano máis.
E desde logo, como non, parabéns a tódolos cambadeses e cambadesas
que acolledes con hospitalidade a tantos e tantos visitantes que
se achegan á nosa vila e compartides con eles esa botella de Albariño
Rías Baixas, da que moitos de vós coñecedes de primeira man o agarimo
e o mimo co que foi coidada a súa cepa e elaborado o seu caldo.
Desfrutade da Festa do Albariño, bebede con moderación e pregoade

e dade testemuña de que en Cambados temos o mellor viño do mundo!!

PROGRAMA


29 de xullo
Mércores


Alborada, comezando na Alameda de San Tomé, a cargo do grupo de gaitas Os Carballeiras
Dende as 12:00h ata as 20:00h na Praza do Concello xogos tradicionais para nenos e adultos
12:30h Na Praza de Alfredo Brañas concerto de Dreadlockers organizado polos hostaleiros
da praza
13:00h Na Casa do Concello pregón a cargo do director de cine Juan Galiñanes
13:30h No Paseo da Calzada inauguración da LXIII Festa do Albariño e apertura dos stands de degustación
19:00h Na Praza de Alfredo Brañas concerto de Dreadlockers organizado polos hostaleiros da praza
20:00h Nos xardíns do Pazo de Torrado espectáculo de maxia a cargo do Mago Adri
20:30h Pasarrúas da charanga Madialeva
21:00h Na Praza de Fefiñáns I Festival do Albariño en
galego, con concertos de: Killing Floor, Sokram (21:45h) SÉS (23:00h) Dios Ke Te Crew (00:30h)
22:30h Na Praza do Concello actuación das orquestras Perlas e Suavecito

30 de xullo
Xoves

Alborada, comezando na Alameda de San Tomé, a cargo do grupo de gaitas Os Xeitosiños de Cambados 
11:00h Inauguración da V Edición do Túnel do viño e catas temáticas no Salón de Congresos e Exposicións José Peña 
12:00-14:30h/19:00-21:00h Túnel Profesional do Viño organizado polo Consello Regulador da D.O. Rías Baixas (10€/persoa) 
12:30h Na Praza de Alfredo Brañas concerto de Cabina 402 e Killing Floor organizado polos hostaleiros da praza 
13:00h No Paseo da Calzada actuación de Habelas Hainas 
19:00h Na Praza de Alfredo Brañas concerto de Cabina 402 e Killing Floor organizado polos hostaleiros da praza 
20:00h Pasarrúas da batukada Olodum do Coio 21:00h Pasarrúas de Fanfarria Taquicardia 
22:30h Na Praza do Concello actuación das orquestras Chocolate e Tango 
23:00h Na Praza de Fefiñáns concerto de: TREIXADURA con Cantigas e Agarimos 
23:30h Discoteca móvil La Duendeneta nas rúas do centro

31 de xullo
Venres

Alborada, comezando na Alameda de San Tomé, a cargo do grupo de gaitas de Xironsa 
12:00-14:30h/19:00-21:00h Túnel Profesional do Viño organizado polo Consello Regulador da D.O. Rías Baixas, no Salón de Congresos e Exposicións José Peña (10€/persoa) 
12:30h Na Praza de Alfredo Brañas concerto de Colt 45 organizado polos hostaleiros da praza 
13:00h No Paseo da Calzada actuación de Habelas Hainas 
19:30h Na Praza de Alfredo Brañas concerto de Colt 45 organizado polos hostaleiros da praza 
19:45h Pasarrúas da batukada Olodum do Coio 
20:00h Pasarrúas e actuación no Paseo da Calzada da charanga Os Jaláticos 
21:30h Na Praza de Fefiñáns concertos de: Isi Vaamonde Band e JAMES (23:00h) 
22:30h Na Praza do Concello actuación das orquestras Caché e Gran Colisseum (coa cantante Luci Alonso, gañadora do concurso Recantos do programa da TVG Luar).

1 de agosto 
Sábado

Alborada, comezando na Alameda de San Tomé, a cargo do grupo de gaitas Os Terribles de Arousa 10:00h Cata Prima no Salón Bazán do Parador de Cambados 
12:00-14:30h/19:00-21:00h Túnel Profesional do Viño organizado polo Consello Regulador da D.O. Rías Baixas, no Salón de Congresos e Exposicións José Peña (10€/persoa) 
12:00h No Salón de Plenos do Concello entrega de premios do Concurso de Camisetas da Festa do Albariño, organizado pola asociación de comerciantes Zona Centro 
12:30h Na Praza de Alfredo Brañas concerto de Cabina 402 e Killing Floor organizado polos hostaleiros da praza 
Do 1 ao 8 de agosto, no IES Ramón Cabanillas, XXXI Open Internacional de Xadrez 
13:00h No Paseo da Calzada actuación de Turoqua 
19:30h Na Praza de Alfredo Brañas concerto de Octopus Band organizado polos hostaleiros da praza 19:45h Pasarrúas da batukada Olodum do Coio 
22:00h Na Praza de Fefiñáns concertos de: Sofá Ambulante, Noite Fechada (22:45h), Nancys Rubias (00:15h) 
22:30h Na Praza do Concello actuación das orquestras Venus Band e Son´Vigo

2 de agosto
Domingo

Alborada a cargo dos grupos folclóricos de Cambados 
12:00-14:30h Túnel Profesional do Viño organizado polo Consello Regulador da D.O. Rías Baixas, no Salón de Congresos e Exposicións José Peña (10€/persoa) 
11:00h Cata Derradeira no Salón Bazán de Cambados 
11:15h No Parador de Turismo Cata Derradeira 
13:00h No Paseo da Calzada actuación de Turoqua 
13:00h Na Casa do Concello recepción das Confrarías e das Autoridades 
13:45h No Patio de Armas do Pazo de Fefiñáns, organizado polo Capítulo Serenísimo do Albariño, Acto de Investidura de Damas e Cabaleiros do Albariño, no que se fará entrega das distincións e nomeamentos de Xóvenes Albariñenses, Albariñenses de Honra e Follas de Prata. 
14:00h Desfile das Asociacións Culturais e grupos folclóricos de Cambados. 
14:30h No Pazo de Torrado Xantar do Albariño e apertura notarial do sobre cos nomes dos viños premiados na LXIII Festa do Albariño 
19:30h Na Praza de Alfredo Brañas concerto de Rocking Corsarios organizado polos hostaleiros da praza 
20:00h Na Praza de Fefiñáns concerto infantil de Mamá Cabra 
22:00h Na Praza de Fefiñáns concerto da Banda de Música de Castrelo 
22:30h Na Praza do Concello actuación da orquestra Podium 
00:00h No peirao de Cambados, Gran Espectáculo Pirotécnico 






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.