Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

10 de julio de 2015

O SALNÉS CONTARÁ COA DEMANDADA AMBULANCIA PERO SO NO VERÁN






A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, como en anos anteriores, implanta a partires de mañá 11 de xullo, e ata o día 1 de setembro, unha ambulancia asistencial de soporte vital avanzado en Sanxenxo debido ao aumento da poboación flotante na época estival. O cometido de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 é asegurar a maior rapidez de resposta ante calquera situación de emerxencia que se produza dentro da ampla e complexa xeografía galega.
Nos meses de xullo e agosto, contará as 24 horas cun recurso medicalizado ubicado no centro de saúde de Baltar situado entre as localidades de Sanxenxo e Portonovo que dará cobertura sanitaria aos concellos de Sanxenxo, Cambados, O Grove, Meaño, Meis, A Illa de Arousa, Vilanova de Arousa, Vilagarcía de Arousa e Ribadumia. Durante o período estival, a poboación destes concellos aumenta debido aos movementos de poboacións relacionados co turismo, favorecendo a existencia de grandes fluxos de circulación polas estradas e aumentando a siniestralidade por accidentes de tráfico.
A ambulancia asistencial de soporte vital avanzado de Sanxenxo contará cun equipo humano composto por un médico e un enfermeiro especializados na atención sanitaria en situacións de emerxencias e dous técnicos en transporte sanitario urxente. O equipamento deste recurso permite prestar asistencia médica in situ a pacientes de extrema gravidade e asistilos durante o traslado a un centro hospitalario.
Por outra banda, esta ambulancia medicalizada apoiará a realización, en caso necesario, de traslados secundarios interhospitalarios de pacientes críticos dende o Hospital do Salnés, ubicado en Vilagarcía, ata os hospitais de referencia.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.