Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

27 de julio de 2015

O CAMBADOS AUMENTA A PARTIDA PARA AS AXUDAS DE LIBROS DE TEXTO







O Concello de Cambados destinará 12.000 euros para axudar ás familias nos gastos de material escolar ou libros de texto.  Unha partida que se antolla insuficiente a tenor dos datos do ano pasado pero que servirán para axudar a máis veciños que o pasado ano.
Serán 7.000 euros máis que o adicado nesta partida o ano pasado, segundo informa a concelleiro de Educación Víctor Caamaño, destacando que o incremento se realiza "a pesar da precaria situación económica que o PP ven de deixar ao noso concello».
As bolsas de ensino van destinadas ós escolares do ensino obligatorio e a orde para poder acollerse a estas axudas publicarase en breve no BOP para que os interesados poidan presentar a solicitude correspondente.
Tamén será publicada na web do Concello e a información será trasladada, asimesmo, ós diferentes colexios de Cambados e as ANPAS.
As axudas concederanse en función dos ingresos dos solicitantes.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.