A lonxa de Aguiño en Ribeira, acolleu hoxe día 26 de Xullo, unha nova edición da Festa do Percebe, onde todos os asistentes puderon degustar este exquisito crustáceo das costas galegas, a prezos inmellorables e preparados polas i expertas mans do cociñeiro cambadés Miguel Mosteiro. Dende primeiras horas da mañá os organizadores da festa, traballaron para elaborar os percebes que se comezaron a degustar a partir das 12.00 horas. A porción de percebes vendeuse a prezos populares na carpa que se instalou para a ocasión na lonxa. Tamén se puderon adquirir empanadas con recheos varios, pan de millo, viños e bebidas. Un grupo musical amenizou esta xornada gastronómica.Historia:
Dende o ano 1997, a localidade de Aguiño exalta o produto delicatessen das rías galegas e nela homenaxéase ademais os percebeiros que arriscan a súa vida para levar á mesa tan prezado manxar.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.