Sonoro Maxín |
Habelas Hainas |
As adegas Martín Códax presentaron a súa programación musical con motivo da festa que ten lugar en Cambados, no Paseo da Calzada. A adega celebrará unha actuación integrada no ciclo de concertos de ' Os Xoves de Códax' e O Sonoro Maxín serán os encargados de poñer música á xornada que dará comezo a partir das 20,30 horas.
O cantante Ico, Abraham "el niño" á guitarra, Cristina Asenjo ao acordeón, Xurxo Brea ao baixo e Jaime Mateo á batería ofrecerán un espectáculo que mestura cumbia, reggae, rock, rancheira e bolero. O diñeiro recadado na billeteira será doado a INGADA, organización que presta servizos de asistencia integral a persoas afectadas con déficit de atención TDAH e trastornos asociados.
Como novidade este ano haberás pasarrúas os días 30 e 31 de xullo, de 13.00 a 15.00 horas estará a banda Habelas Hainas, composta por Sandra Tamayo, Patricia Gamayo, Arantza Alfaia e Jara Ortiz, que interpretarán música tradicional galega cunha visión feminista e plural.
No mesmo horario, durante o 1 e 2 de agosto estarán Turoqua, a banda de Marcelo Do Bode, Cibrán Seixo, Rubén Monteagudo e Alberto García, que vén dende Barcelona, onde se estrearon, para tocar música da terra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.