As eleccións municipais do 24 de maio supuxeron un punto de inflexión no panorama político cambadés. Despois de 28 anos de maioría absoluta por parte do Partido Popular, os veciños e veciñas do noso municipio expresaron nas urnas un rexeitamento maioritario á forma de facer política levada a cabo polo PP. Por primeira vez en moitos anos, a suma das forzas de esquerdas superou en votos ao Partido Popular.
Dende o primeiro momento os socialistas amosamos a nosa disposición ao diálogo e ao entendemento, ao igual que as demáis forzas de esquerdas: tanto o BNG como Somos Cambados demostraron altura de miras e amosáronse dispostos a chegar a un gran acordo que permitise o tan ansiado cambio de rumbo en Cambados, un cambio de rumbo que a sociedade cambadesa demandou nas urnas.
Abriuse por tanto un proceso de negociación, un proceso que como todo o mundo entende esixe altura de miras e non enrocarse nunha posición. Todo o mundo entende que nunha negociación, cada unha das partes ten que estar disposta a ceder en algúns aspectos para poder chegar a puntos de entendemento entre todos, que permitan levar a cabo a maior parte dos proxectos.
Actitudes inmovilistas, de empecinarse en impoñer a postura dun grupo sen poder chegar a entendemento cos demáis, son o tipo de actitudes que rompen calquer negociación. E foi precisamente a forza menos votada, Cambados Pode, a que se empecinou en non ceder en ningunha das súas pretensións, pretendendo facer crer que todo o mérito de arrebatarlles a maioría absoluta ao Partido Popular foi un mérito exclusivo deles, cando é obvio e de sentido común que é un mérito conxunto, un mérito compartido entre todos os veciños e veciñas que apostaron democráticamente por abrir unha nova etapa no Concello de Cambados.
Por ese motivo, as negociacións para tratar de lograr un goberno progresista en Cambados rompéronse definitivamente, ao constatar que non todos os grupos estaban pola labor de propiciar o tan ansiado cambio de rumbo en Cambados.
Dende a Agrupación Socialista de Cambados queremos agradecerlle ás outras forzas de esquerdas, tanto ao BNG como a Somos Cambados, a súa altura de miras e a súa vontade e capacidade para chegar a acordos durante este proceso de negociación. Asimesmo, queremos manifestar que seguiremos traballando arreo, como sempre fixemos, na defensa dos intereses dos veciños e veciñas, e tratando de conseguir que ese tan ansiado cambio de rumbo se produzca máis pronto que tarde.


No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.