Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

5 de junio de 2015

"QUÍTATE TÍ PARA POÑERME EU"








Despois de 28 anos de maiorías abafantes do Partido Popular o 24 de maio o pobo de Cambados apostou por un cambio, de xeito que o noso concello contara o 13 de xuño cun goberno verdadeiramente democrático, un goberno para todos os cambadeses e cambadesas.
O BNG-Asembleas Abertas e o seu candidato á alcaldía Víctor Caamaño manifestaron desde o momento mesmo en que se coñeceron os resultados electorais a súa total disposición para participar na construción dese goberno, sen poñer condicións previas e dispostos a ceder todo o que fora preciso co fin de dar resposta á decisión manifestada nas urnas polos nosos veciños e veciñas.
Ao longo destes dez días foron moitas as persoas que se dirixiron a nós para darnos ánimos e para mostrarnos a súa confianza en que por fin poderíamos librarnos do goberno do PP, un goberno do despilfarro, do amiguismo e do enchufismo, un goberno que foi unha rémora para o noso concello.
Nos diversos contactos previos e nas reunións celebradas entre as catro forzas que hipoteticamente estábamos dispostas a construír ese goberno alternativo, o BNG-Asembleas Abertas sempre manifestou que era preciso actuar con cautela e intelixencia para construír unha alternativa programática a un PP que sabemos moi ben que non ten medida á hora de empregar calquera medio lícito ou ilícito para conseguir os seus obxectivos.
Desgraciadamente onte constatouse que non todos tiñamos o mesmo obxectivo de abrir unha nova porta na historia de Cambados devolvéndolle a Casa do Concello aos veciños e veciñas, veuse que para Cambados Pode o seu único obxectivo era “quítate ti para poñerme eu”, obxectivo que tentaban agachar con discursos sobre que foron eles quen derrotaron ao PP, que sería bo non ter que elixir alcalde ou que eles son superiores moral e eticamente ao resto porque eles só son “veciños”. Baixo a postura de “só vou votar por min mesmo” agóchase un “vou garantir que goberne o PP”, non sabemos a cambio de que prevendas ou favores pero co tempo estamos certos de que iso sairá á luz pública.

O BNG-Asembleas Abertas quere agradecer aos outros grupos a lealdade coa que actuaron neste proceso, e comprométese cos cambadeses e cambadesas a seguir traballando para que o noso concello conte  o antes posíbel con ese goberno alternativo e democrático que merece Cambados.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.