Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

23 de junio de 2015

O CONCELLO DE CAMBADOS RECUPERA O CONCURSO DE CARTEIS DA FESTA DO ALBARIÑO






O concello de Cambados recupera o concurso de carteis da Festa do Albariño. Algo que desaparecera hai anos e que o cuatripartito recupera tras ser algo moi demandado nos últimos anos sobre todo nas redes sociais e por artistas locais que queren dar a ver o seu talento.

Poderán participar todas as persoas que o desexen cun máximo de dous traballos, sendo condición indispensable que tales obras sexan inéditas. 
Deberán incluír o seguinte texto:
LXIII FESTA DO ALBARIÑO
CAMBADOS
DO 29 DE XULLO AO 2 DE AGOSTO DE 2015
Declarada de Interese Turístico Nacional
www.cambados.es

Os carteis presentados poderán ser obxecto de exposición ou reprodución por parte dos convocantes, sen que isto dea dereito a retribución algunha para os concursantes. O traballo gañador será a imaxe da Festa do Albariño 2015 e todos os carteis quedarán en propiedade do Concello de Cambados.


BASES





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.