Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

24 de junio de 2015

CHARLA SOBRE A "AME" EN EXPOSALNÉS









Catro profesionais participan na xornada sobre AME (atrofia muscular espiñal) que se celebran o venres en Cambados ás 19,30 horas, en Exposalnés. Entre eles encóntrase o neurólogo e neurofisiólogo José María Fernández Rodríguez, que é a persoa que lle diagnosticou esta doenza a Merchi Álvarez, veciña de Cambados que é quen organiza esta xornada. A charla de Fernández Rodríguez titúlase "Atrofias musculares espiñais, clínica, clasificación e diagnóstico".

Merchi Álvarez, de 27 anos e residente en Castrelo, sofre AME dende fai polo menos catro anos, aínda que non o soubo ata que llo diagnosticou Fernández Rodríguez.

Tamén falarán a médica Carmen Navarro, sobre neuropatoloxías e xenética; a fisioterapeuta infantil Lara de Saa Iglesias; e a logopeda e especialista en psicomotricidade orofacial Natalia Portas. As charlas son abertas ao público.

A organizadora, Merchi 
Álvarez conseguiu recentemente 5.000 apoios na súa campaña de "selfies" de xente que saca a lingua contra ÁME. Unha campaña iniciada no Grupo de Facebook CAMBADOS NOTICIAS por tres blogs locais e a propia Merchi e que foi posteriormente divulgada por outros medios de comunicaión.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.