Onte comezou unha nova ruta do "Galicia a todo tren", a das Rías Baixas. Os viaxeiros deste convoi combinaron o percorrido polas vías coa degustación do Albariño. E deixaron para a tarde, un paseo en barco pola ría de Vigo.Pasaxeiros ao tren con destino a unha nova ruta turística e etnolóxica. A primeira parada, estación de Vilagarcía, camiño de Cambados, para aprender a catar e distinguir variedades de Albariño.
Primeiro os coñecementos teóricos e despois a constatación práctica de todo o aprendido. Cunha copa en cada man toca percibir as diferenzas. Hainos expertos, no viño e tamén nesta rutas en tren.
E é que os sete trens turísticos que circulan cada verán ofertan máis de 2.500 prazas nas que combinan percorridos turísticos, coñecementos das distintas denominacións de orixe do viño galego e visitas culturais. Nas próximas fins de semana do verán sairán novos convois. O de hoxe, deixámolo ao mediodía camiño de Vigo, para que os viaxeiros gocen dun paseo pola ría e coñezan a illa de San Simón.
Información:TVG
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.