Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

1 de julio de 2015

CAMBADOS RECUPERA A CARREIRA POPULAR




COMO XA ADIANTAMOS HAI UNHAS SEMANAS.....

O Concello de Cambados coa colaboración do Club Atletismo Cambados organizará a VI edición da Carreira Popular de Cambados, recuperando asi esta carreira que tanto demandan os deportistas e que o ano pasado foi substitída pola carreira Maralba.
A data de celebración será este vindeiro Domingo 5 de Xullo e o circuito será o mesmo que en anos anteriores que, como todos sabedes, esta homologado pola RFEA dende o ano 2013 polo que as marcas que se consigan quedarán rexistradas como oficiais.

Tes ata mañán para poder inscribirte nesta carreira cun circuito tan rápido e bonito con saida e chegada na Praza de Fefiñans. Para inscribirte pica aquí

Para esta edición están preparando moitas sorpresas para que todos poidades disfrutar dunha espléndida mañán de atletismo en Cambados.
Esta mañán tivo lugar o acto de presentación ni Concello de Cambados coa presenza dos concelleiros Víctor Caamaño e Xurxo Charlín.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.