Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

17 de junio de 2015

CALENDARIO ESCOLAR 2015-16 EN GALICIA





O próximo curso académico comezará en infantil e en primaria o 10 de setembro.
A Consellería de Educación publica hoxe o calendario escolar do curso 2015-2016.
O curso rematará un día máis tarde do previsto inicialmente, o 22 de xuño, porque o Mércores de Cinza, 10 de febreiro de 2016, non será lectivo.

Na educación secundaria obrigatoria, no bacharelato e na formación orofesional as clases comezarán o 15 de setembro. Tamén rematarán o 22 de xuño.
Nas ensinanzas de réxime especial as actividades lectivas irán do 15 de setembro ao 30 de xuño.


Polo que se refire ás vacacións, o Nadal irá do 21 de decembro ao 6 de xaneiro, ambos inclusive. O Entroido celebrarase os días 8, 9 e 10 de febreiro e a Semana Santa abranguerá dende o 21 ao 28 de marzo, ambos inclusive.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.