Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

15 de mayo de 2015

PUNTUALIZACIÓNS AS PALABRAS DE JORGE CASTIÑEIRAS





Tras escoitar a entrevista de Carlos M. Vieites en Arousa Si Radio a Jorge Castiñeiras temos que facer varias puntualizacións.

CORES DE CAMBADOS non está para nada contra o Xuven, contra a directiva e o seu excelente traballo, nin a plantilla nin corpo técnico. 

Dous artigos deste blog a principios das tempadas 13-14 e 14-15 contaban o que pasaba nas relacións entre entrenador e xogadores que ao final se solucionaron e punto. Mellor para o clube e para Cambados. Non por calar non vai desaparecer o problema e neste caso solucionouse. 

Que dous artigos non sexan favorables de entre máis de 150 non é para decir que so estamos para criticar.  

Cando publicamos o noso parecer o apoio do clube a un determinado partido político non estábamos a mentir pois a imaxes están para ver.

Que varios pais se nos queixaron deste tema é certo, completamente, certo.

Que o Xuven é referente en pasear o nome de Cambados por España adiante e indudable.

Que CORES DE CAMBADOS tentou sempre informar dos logros do Xuven, das previas, dos seus partidos, das victorias e das derrotas.

Imos creer as explicacións dadas por Jorge Castiñeiras en relación ao vídeo, non a nos porque non somos socios como el apuntaba. 
Pero eso sí,  pais e socios aos que non lles pareceu ben a situación agardan que non se volva a caer na "trampa" que lles tendeu o PP. Porque como ben dixo na entrevista a Arousa Sí Radio é absurdo que un clube que representa a tanta xente se manifeste a favor dun ou doutro grupo político.

Que teñen moito que agradecer ao concello, por suposto. Que o concello fixo moito polo clube, pero non menos do que outra corporación faría ou tentase facer no mesmo caso.

Con esto pola nosa banda non hai máis que decir so agradecer as explicacións dadas.
ARTIGO DE CORES DE CAMBADOS





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.