Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

15 de mayo de 2015

PRESENTACIÓN DA 8ª NOVELA DE ANTONIO GÓMEZ CHARLÍN







O sábado 30 de maio Antonio Gómez Charlín presenta a sua 8ª novela que leva por título NAGASAKI no Salón de Actos de Exposlnés as 20:30 h.
Nesta a sua oitava obra a obra o autor divídea en dúas partes; 'Hiroshima', onde Óscar Neuman é o escritor dunha novela que titula así mesmo Hiroshima, pero que resultará ser a segunda parte desta novela que asina Gómez Charlín como Nagasaki, publicada en Letras de Autor (Madrid, novembro-2014). En 'Hiroshima' os personaxes de Valentina Osorio e Lorenzo Guzmán son imaxinados por un Neuman que trata de recuperar a fluidez narrativa perdida e en 'NagasakiLorenzo Guzmán conta as súas venturas e desventuras con dúas belas mulleres, Valentina Osorio e Karen, mentres escribe tamén a súa última novela, pois ten o firme propósito de suicidarse (o que tamén fai Óscar Neuman) despois de ofrecer á posteridade o seu mellor froito narrativo, e ao tempo que tamén imaxina a Andrés Caicedo e Nagasaki Neuman, amigo e sobriña de Óscar Neuman (da primeira parte). Un froito, o de Charlín, que finalmente me deixa un sabor agridoce, con bos momentos, principalmente na historia de Valentina Osorio e outros máis irregulares nas historias de Óscar e de Karen.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.