Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

14 de mayo de 2015

LUÍS REI RECIBE ESTE SÁBADO O PREMIO CABANILLAS







O escritor e historiador Luis Rei recibirá este sábado o XII Premio Ramón Cabanillas. O premio que cada ano outorgan as librarías Ramón Cabanillas e Contos de Cambados. Nesta edición aparte do concello de Cambados súmase o de O Grove vila natal de Luís Rey, homenaxe ao bibliotecario de Cambados, grovense de nacemento. No acto que comezará ás oito da tarde no Auditorio A Xuventude,  non faltará a música da man de Miguel CostasXaquín Xesteira e Os Mecos.
Luis Rei, en 2009 publicou na editorial Galaxia a biografía máis ambiciosa sobre Cabanillas: "Crónicas de desterros e saudades". Luis Rei é un experto en Cabanillas -tamén é autor dunha aplaudida obra de teatro que mesturaba o musical con fragmentos de poemas do escritor e coa recreación de momentos da súa vida- e durante meses traballou cóbado con cóbado cos descendentes do escritor para identificar e catalogar o material que nos próximos meses se poñerá a disposición do público e os especialistas en Exposalnés.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.