Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

6 de mayo de 2015

I TROFEO RIAS BAIXAS DE PIRAGÜISMO NA RIA DE AROUSA





Máis de 500 piragüistas de Galicia e Portugal participarán no I Trofeo Rías Baixas, patrocinado pola Federación Galega de Piragüismo, co apoio económico da Deputación. Este I Trofeo que busca “dinamizar a competición deportiva despois de varios anos sen poder organizar o Trofeo Príncipe de Asturias, pero no outro lado da Ría”.
I Trofeo Rías Baixas
O I Trofeo Rías Baixas desenvolverase o primeiro domingo de setembro e transcorrerá polas augas de varios concellos da ría de Arousa: Vilanova de Arousa, Vilagarcía de Arousa, Cambados e O Grove, se ben os responsables da Federación aínda non definiron o percorrido da proba, o punto de saída nin o lugar da meta do I Trofeo Rías Baixas.
Os responsables da Federación Galega de Piragüismo estiman que 40 clubs de toda Galicia e algún de Portugal participarán no I Trofeo Rías Baixas, no que 500 piragüistas competirán na categoría absoluta das modalidades K-4 e C-4, tanto masculina coma feminina.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.