Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

19 de mayo de 2015

ÉXITO DO MITIN DOS SOCIALISTAS DE CAMBADOS








Fátima Abal segue dando pasos no seu camiño á Alcaldía de Cambados, un camiño no que cada vez a acompañan máis e máis veciños e veciñas de Cambados. Mostra dese apoio é o feito do rotundo éxito de asistencia ao mitin celebrado onte, segundo fontes Socialistas.
Un mitin en clave feminina, xa que se algo caracteriza ao partido do puño e a rosa é a súa loita incansable polos dereitos sociais e a igualdade entre homes e mulleres. Así, abríu o acto a concelleira e número 3 da candidatura Milagros Martínez, seguida por María José Montero, número 9 de dita lista. A continuación, foi o turno de Patricia Vilán, deputada e portavoz de Medio Ambiente no Parlamento Galego, seguida da secretaria de organización do PSdeG, Pilar Cancela.
Pero o momento culminante do acto foi sen dúbida a intervención da candidata á alcaldía Fátima Abal, cun discurso cheo de forza e de enerxía que fixo vibrar ao público alí congregado. Un discurso centrado nas persoas, nos seus problemas e necesidades tan desatendidas por un concello centrado únicamente en si mesmo. Un discurso emotivo e valente, que deixou ben claro cal é a auténtica alternativa real capaz lograr un Cambados para todos e para todas.
“....quero agradecer a tódolos presentes o seu apoio – manifesta Fátima -, é unha enorme alegría e ao mesmo tempo unha gran responsabilidade sentirme arroupada polos meus veciños e veciñas, polos auténticos protagonistas do cambio en Cambados. Porque é de todos e todas de quen depende que este proxecto se leve a cabo, só co voso apoio o próximo domingo nas urnas se pode lograr un Cambados no que o Concello estea realmente ao servizo dos seus veciños e veciñas.”
Hai que suliñar a presenza de persoas vinculadas a outro partido entre o público sacando imaxes do acto. Algo repugnante en tempos de democracia, algo que parece que non vai con algúns.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.