A VOZ DE ARAGUNDE E ARAGUNDE
A segunda entrega adicada a glosar o derradeiro Pleno da Corporación da lexislatura toma o rueiro que o Sr. Pujalte dixo: “Para o PP a libertade de prensa, opinión e palabra é sagrada”. Polo tanto seguindo as directrices dunha das mentes máis lúcidas da Marca España dou solución de continuidade ao vivido o xoves pasado en sesión plenaria. Fago o meu aporte unha vez está visto e comprobado que a Prensa é de quen goberna, e Internet é algo aberto onde todos os que así o desexen poden interactuar. É unha gran ferramenta que ten os seus pros e os seus contras pero proporciona un valioso servizo á comunidade e representa un progresivo avance na escrita e na comunicación oral.
A solemnidade deste órgano, O Pleno, formado polo Alcalde e os Concelleiros é trascendental unha vez non se rixe polo principio de xerarquía senón o de competencia (ou incompetencia polo vivido en primeira persona é o debullado polo partido de goberno). Se pode pode tildar coma esta última ao escoitaren da voz do Sr. Alcalde a boa saúde económica da que fixo énfase. A Portavoz Socialista Fátima Abal con bó criterio non entrou na guerra das cifras porén aquí non se pode estar cunha calculadora cando hai un auténtico drama social que son 30 familias en espera de cobrala
Da concesión dunha Parcela ao Refuxio de Animais xa vos falara ( votada a favor por tódolos grupos da Oposición) pero non do que tildou D. Luis de “colaboración estoica” con esta Asociación. Clase de Historia: eu sempre pensei que era un goberno Espartano o de Cambados e resulta que é Estoico, que dice que todos os homes son iguais, logo han de vivir baixo un mesmo goberno. O estoico é un cidadán do mundo. Universal polo tanto Aragunde coma Julio Iglesias: unha voz cálida e bohemia, amores que fai e desfai, plenitude de experiencias co convencimento de que a felicidade, coma dicía o escritor Ramón Pérez de Ayala é, á postre, un producto de fabricación caseira.
Fin da segunda parte.-
Óscar M. Núñez Rois

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.