TELÉFONOS DE INTERESE

7 de mayo de 2015

A VOZ DE ARAGUNDE (II)






A VOZ DE ARAGUNDE  E ARAGUNDE


A segunda entrega adicada a glosar o derradeiro Pleno da Corporación da lexislatura toma o rueiro que o Sr. Pujalte dixo:  “Para o PP a libertade de prensa, opinión e palabra é sagrada”. Polo tanto seguindo as directrices dunha das mentes máis lúcidas da Marca España dou solución de continuidade ao vivido o xoves pasado en sesión plenaria. Fago o meu aporte unha vez está visto e comprobado que a Prensa é de quen goberna, e Internet é algo aberto onde todos os que así o desexen poden interactuar. É unha gran ferramenta que ten os seus pros e os seus contras pero proporciona un valioso servizo á comunidade e representa un progresivo avance na escrita e na comunicación oral.


A solemnidade deste órgano, O Pleno,  formado polo Alcalde e os Concelleiros  é trascendental unha vez non se rixe polo principio de xerarquía senón o de competencia (ou incompetencia polo vivido en primeira persona é o debullado polo partido de goberno). Se pode  pode tildar coma esta última ao escoitaren da voz do Sr. Alcalde  a boa saúde económica da que fixo énfase.  A Portavoz Socialista Fátima Abal con bó criterio non entrou na guerra das cifras porén aquí non se pode estar cunha calculadora cando hai  un auténtico drama social que son 30 familias en espera de cobrala
Risga,  preto de 1.600 parados ( 1 de cada 4 veciños en idade de traballar)  e unha débeda “viva” de 3.000.000 de euros (que son os créditos a corto e a longo prazo que o Concello adebeda aos Bancos),  sin mentar a débeda comercial que son as facturas rexistradas e sin pagar, deso nin chío dixo. Sí dixo e ben forte Fátima que se tantos cartos hai coma é posivel que 400 familias quedaran sen axudas para material escolar … coma home sabedor das artes da “escuridade” dixo que “a mí que me registren”, esas Bases as deseñaron os Técnicos de Servizos Sociais, nós, na Xunta de Goberno Local limitámonos a aprobalas. Éstes igual que o Sr. Acebes ou o  Sr.  Blesa,  non saben  o que firman, ademáis de que houbo previamente unha Comisión Informativa na que a Portavoz Socialista advertíu do que estaba a ocorrer ( a única que reparou en que esas Bases non estaban suxeitas os principios de xustiza e progresividade). Pos así zanxa as cuestións este goberno local. E a día de hoxe non hai Partida Presupuestaria ao efecto, coma engadíu Victor Caamaño Rivas.  Xa estaba a lea montada: Luis nese brete e para facelos  centos de remendos que fai  co Presuposto tirou polo que parece pola  vía de axuda de emerxencia social para paliar o que é unha falta de sentido da responsabilidade porque  a necesidade hai que atendela de xeito inmediato si non deixa de ser tal. Se queremos dominar  á natureza temos que aprender a obedecela (eu si teño que mexar a ver como fago,  Luis, eso é necesidade ou incontinenecia ?). Para él non,:  a necesidade é unha cousa distinta, ten outro significado …  o que non ven a un Pleno coma público non sabe o que se perde, porque esto é moito.


Da concesión dunha Parcela  ao Refuxio de Animais xa vos falara ( votada a favor por tódolos grupos da Oposición)  pero non do que tildou D. Luis de “colaboración estoica” con esta Asociación.  Clase de Historia:  eu sempre pensei que era un goberno Espartano o de Cambados  e resulta que é  Estoico,  que dice  que todos os homes son iguais, logo han de vivir baixo un mesmo goberno. O estoico é un cidadán do mundo. Universal polo tanto Aragunde coma Julio Iglesias: unha  voz cálida e  bohemia, amores que fai e desfai, plenitude de experiencias co convencimento de que a felicidade, coma dicía  o escritor Ramón Pérez de Ayala é, á  postre, un producto de fabricación caseira.


Fin da segunda parte.-


Óscar M. Núñez Rois





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.