Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

5 de mayo de 2015

A VOZ DE ARAGUNDE (1ª PARTE)







 A VOZ DE ARAGUNDE (I)

Este derradeiro xoves de abril tivémola ocasión de asistir á despedida como Alcalde de Luis Aragunde Aragunde no derradeiro Pleno da Corporación. O obxectivo de estabilidade Presupuestaria primeiro punto da orde do día que aproveitou  para sacar “músculo” da xestión económica do Concello que reflicte ao parecer un remanente de Tesorería de 400.000 euros. Cando dicía tal cousa ollala la cara dos membros da oposición era un poema porén  saben que por moito que diga esto é a imaxinación dunha mente febril.  Ese superávit non é tal porén se non das de baixa os créditos incobrables (os que sabes que non vas cobrar) aumenta o Remanente de Tesorería, as facturas que están sen pagar no caixón tamén e a débeda comercial tamén é débeda,  esto o sabe calquera Autónomo de Cambados aos que non lles da nin as grazas polo “Monte de Impostos” que teñen que pagar. Falsea a realidade coma  Mariano Rajoy cando malgoberna unha vila cun 25 % de Paro:  milleiros de Cambadeses desempregados e máis da metade de longa duración que perderon a prestacións e entraron na pobreza. Só lle preocupan presuntamente os números e non as personas. Como dicía Olof Palme a preocupación dunha sociedade  non debe ser cantos ricos hai senón acadar que non haxa pobres, e vai a ser que aquí dos primeiros hai e dos segundos non lle vou a falar a Noé da chuvia:  esto é a Arca da Alianza (Popular). Fátima Abal é conscente do drama no que viven instaladas estas familias e leva como prioridade o rematar dunha vez por todas con este drama do que Aragunde non quer saber nada.


FÁTIMA ABAL PRESENTA AS SÚAS PROPOSTAS EN MATERIA DE 

EMPREGO.




A ambulancia medicalizada que por poboación lle pertence ao Salnés e que o Grupo Popular votou NON en Compostela (Rosa Oubiña para máis INRI)  noutro exercizo de hipocresía votou a favor ( Moción do Ps de G PSOE e do BNG ex aequo).  Os propios médicos te recomendaban ata fai pouco tempo  que se tiñas  unha dolencia da que eras conscente da súa gravidade  saíras  para Montecelo de presa xa que no Hospital do Salnés pouco podían  facer por tí cos medios existentes (nin Unidade Coronaria nen  UVI),  non o personal,  que é do mellor que hai coma o do  Centro de Saúde de Cambados, un referente de profesionalidade polo bó facer dos seus médicos e enfermeiras. Cando visita aquelo Aragunde é en domingo porque non ten valor para ir por alí cando aquelo está saturado de enfermos ( ata 2 horas de espera e nin mentar que en ocasións non hai nin o necesario para poñer uns simples puntos, algo do que pode dar fe calquera veciño). Unha mostra maís  do cinismo máis absoluto e aínda ten  a desfachatez de falar que os servizos públicos son unha prioridade para o PP. Xa se ve, prioridade absoluta, as demáis consideracións anuladas (que somos os pacientes). A Portavoz do PSOE Fátima Abal pedíu a palabra e lembrou ao Grupo de Goberno que a  petición dese servizo xa tiña tódolos trámites e estaba a piques de entrar  en funcionamento ata que entrou a gobernar Alberto Núñez Feijoó que é o xefe de Luis, e o problema coma dicimos en Cambados, é de quen fía (eu non me fío de nengún dos dous, dito sea de paso).
O terceiro punto foi a a cesión dunha Parcela por parte do Concello ao Refuxio de Animais de Cambados.  Non sei se Olga Costa ten todo o que precisa (vai  ser que non) pero vai sendo hora de que se lle bote unha man con inciativas coma ésta porque ela e tódolos  voluntarios que traballan ao seu carón merecen un monumento. Eso sí é altruismo, eso sí é bondade e traballo a prol da defensa dos animais, ata o punto de que se produxo unha movilización coma nunca vira para rogar, supricar, que  Protección Civil (que aínda que non depende  do Concello sí é sufragada cos Impostos de todos)  tivera a ben recoller un cadelo que estaba a piques de ser asulagado polo mar. Víctor Caamaño, voceiro do BNG, falou moi gravemente ante moitos veciños da vila que alí estabamos entre o público que non podemos estar con vou, non vou, si ese é o trato que se dispensaría a calqueira de nós. Se queremos avanzar coma sociedade a empatía con calquera ser vivo é unha obriga de todo cidadán. Os animais tamén teñen dereitos e sentimentos  e ata isto esquecemos  por completo algúns, a Rafael Louzán “se la sudan los perros”, e aquí teñen que ser os veciños os que poñan a funcionar a quen corresponde. E nin mentar o que está a facer coas personas maiores  que sendo desposuídas dos seus dereitos  recortándolles a  pensión, facéndolles pagalos medicamentos. Fátima Abal  leva no seu programa electoral unha serie de medidas para paliar o olvido ao que someten á xente maior. Eles son o maior tesouro que temos  xunto á mocidade e tanto un coma outro son esquecidos por completo polo PP chegado o intre que sabedores do certo desta afirmación e botando man do xeito de facer política do PP,  que é unha Política de Bares  “xa están aquí” os 4 ou 5  lamecús de Aragunde dicindo:disque Fátima vos vai quitar as merendas, as cenas, os bailes” / “Seica é  a derradeira festa á que vindes se é Alcaldesa”,  cando non dixo iso en ningún lado, só falou de eliminala comida política  do Albariño gratis para os amigos e aos ricos  que son os únicos aos que lles presta atención.
Xuntanzas, bailes, merendas sociais todas as que fagan falta para recoñecer o esforzo e agradecimento a esta xeneración grazas a cal estamos aquí. E colaboración para que os bailes de A Mercede e A Casa do Mar sigan adiante, e bailes nas Parroquias ás que ten abandonadas. Diga Sr. Aragunde que lle vou privar desto á miña nai ou ao meu pai. Hai que ser covarde cando recurrimos as insidias das que tanto fala para metelo medo no corpo a nosa familia, está visto que xa vale todo en campaña electoral. Pos non é así: que saiban os que cobran algunha prestación non contributiva que non foi Fraga o que instarou esta medida senón Felipe González nos 80 sabedor de que moitísima xente traballou en condicións na que non estaba asegurada, sobre todo as mulleres, que son para o Partido Socialista o seu principal activo (só hai que ver quenes son as tres concelleiras do PSOE no Pleno) e os maniquíes encabezados por María Isabel Varela que están alí de adorno;  non preparan ningún Pleno, non toman notas, se adican a sacar fotos ao público asistente para que algún lunático as colgue no seu facebook. Agás algunha excepción,   teñen unha mala educación que ata na rúa a xente cambia de aceira con tal de non as atopar diante.
(Fin da 1ª parte)


Óscar  Manuel Núñez.-





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.