Fátima Abal presenta as súas propostas en materia de xuventude
Os socialistas de Cambados continúan desglosando as medidas incluídas no seu programa de cara ás vindeiras eleccións municipais do 24 de maio. Esta vez, a formación que lidera Fátima Abal presenta as medidas orientadas hacia a mocidade, unha mocidade cada vez máis desilusionada, que abandona o noso municipio, dada a inacción do goberno de Luís Aragunde, que leva xa demasiado tempo sen nada que ofrecer aos máis xóvenes.

Para levar a cabo o programa, Fátima Abal sinala que “é urxente potenciar a labor da OMIX, xa que é un servizo fundamental para a mocidade cambadesa. Disporá dun espazo reservado na páxina web con todos os servizos de información, orientación e asesoramento enfocados principalmente a cuestións de formación, traballlo, vivenda e tempo libre.
Crearemos Comisións Tripartitas para o emprego xove a nivel municipal, nas que estean presentes a Administración, os axentes sociais e representantes da mocidade, co obxetivo principal de descubrir e fomentar novos xacementos de emprego, desenvolver plans específicos de emprego xuvenil, ademáis de velar contra a siniestralidade, precariedade e a temporalidade xuvenil no emprego.
Crearemos, tamén, un “Rexistro de Profesionais” a nivel municipal que inclúa a mozos/as que saian recentemente das Universidades e dos Ciclos de Formación Profesional para que as empresas ou potenciais clientes interesados poidan solicitar os seus servizos co obxectivo de lles facilitar unha primeira experiencia profesional no propio municipio.
Impulsaremos a figura dos “Radares xuvenís“ nos centros de Ensino Secundario e Formación Profesional como vehículo de feedback permanente entre o Concello e as inquedanzas dos/as máis novos/as do municipio.
Fomentaremos e crearemos Viveiros de empresas para promocionar ós/ás mozos/as emprendedores en espazos dotados de servizos de calidade para desenvolver os seus proxectos empresariais
Todas estas medidas relacionadas co emprego irán acompañadas por programas de formación, xa que é indispensable que esta formación teña continuidade no tempo máis aló do período académico.
En canto ó tema da vivenda, crearemos unha bolsa de alugueiro e un portal web para a súa difusión para que os/as mozos/as poidan acceder a un catálogo de vivendas que o Concello ofertará a prezos subvencionados, outorgando beneficios fiscais ós propietarios, como rebaixas no IBI. Ademáis facilitarase o acceso á información sobre vivendas das entidades bancarias e do SAREB existentes no municipio“
“Outro eido moi abandonado no noso municipio de cara á xuventude é o tempo de ocio. Os nosos/as mozos/as tamén deben divertirse, e divertirse de forma sana e segura. Dotaremos a este Concello de espacios xuvenís, con actividades diversas de ocio para os xóvenes, actuacións musicais, proxección de películas e espectáculos acordes a cada franxa de idade.
É necesario e primordial un Pacto pola Xuventude, polo que o faremos, igual que como se está a facer con gran éxito noutros municipios. Este pacto necesariamente ter que ser consensuado entre o Concello e os propios xóvenes, eles teñen que dar a súa opinión e participar activamente. As súas suxerencias e preferencias deben ser tomadas en conta polo propio órgano de goberno. Debe conter unha serie de medidas para axudas ó transporte, para evitar prácticas nocivas para a saúde, ofrecer ocio nocturno alternativo e é primordial a esixencia á Xunta de Galicia da recuperación do Noitebús, como iniciativa esencial para a seguranza viaria nocturna.
Desenvolveremos tamén actividades medioambientais para os/as nosos/as mozos/as, como van ser os campamentos de Natureza onde os monitores especializados na cultura, na fauna e na flora do Concello, lles amosen ós rapaces/as, a riqueza que atesoura e fomenten os valores medioambientais. Estes campamentos serán impartidos total ou parcialmente –en función do perfil dos inscritos- en inglés, para dar cobertura á necesidade da mocidade de aprender ese idioma.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.