“A Fundación de Deportes de Cambados“, a proposta de Fátima Abal para o Deporte cambadés

“O deporte ten que ser unha gran aposta en calquer Concello. A práctica de deporte e o seu fomento é necesario para unha saúde física e mental de todos os veciños. En Cambados temos grandes canteiras e os resultados deportivos están ahí, unha gran calidade na formación que se manifesta no seu rendemento e na súa participación en competicións deportivas de alto nivel. Pero como ocorre sempre, esto non abonda , o factor económico é moi importante tamén no mundo do Deporte. Por iso, entre outras moitas medidas, pensamos que é necesaria unha Fundación, na que haxa representantes de tódolos clubes, que se encargue ademáis de asesorar, informar e tramitar distintas axudas e subvencións, que se encargue de organizar diferentes actividades coas cales os clubes poidan aumentar os seus ingresos. Ademáis concertaránse Convenios de Colaboración entre o Concello e a Fundación de Deportes para organizar actividades de todo tipo onde se poidan conseguir ingresos para a Fundación“.
“Nalgúns Concellos como no de A Illa, cada fin de semana no verán, a cada clube da Fundación lle corresponde unha festa gastronómica que vai rotando ano a ano. Ademáis de todo o producto que se compra e vende na lonxa, un porcentaxe moi pequeno, pasa á Fundación, ó igual que diferentes entidades que tamén colaboran con este fin“.
“En Cambados, esto tamén sería factible, sobre todo a existencia de Festas gastronómicas que beneficien directamente, non só á Fundación, xa que a totalidade dos productos ofertados deberán ser obrigatoriamente productos elaborados e comprados en Cambados: desde o pan, pasando por tapas, mariscos, viños, e todo o que a Fundación decida ofertar. Así, fomentaríanse os productos de Cambados, axudando ó comercio e á Hostelería local e promocionando tamén o Turismo“, explica Fátima Abal.
“Os pormenores da Fundación deberán estar recollidos nos seus Estatutos e nas súas normas de funcionamento, que deberán estar consensuadas polos propios clubes, e nos Convenios de Colaboración firmados co Concello para que a súa posta en marcha sexa promocionada e impulsada desde o propio Concello, fomentando as prácticas saudables e o xurdimento de deportes no noso municipio que aínda non teñen presencia“.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.