Último encontro de Liga Regular no polideportivo San José para un CEBA Guadalajara que iniciará unha defensa numantina da terceira praza tras a consecución de catro vitorias consecutivas. Un camiño que comezará ante os seus afeccionados recibindo un Xuven Cambados que poderá a proba aos de Javi Juárez inmersos nun refacho positivo de tres triunfos consecutivos. Un triunfo visitante permitiría aos galegos seguir soñando cun quinto posto actualmente en mans de Lucentum Alicante e que permite afrontar a primeira rolda de playoff con factor cancha favorable.O corpo técnico do Xuven Cambados decidiu prescindir dos servizos do mellor xogador do seu equipo para o penúltimo partido de Liga regular de mañá. E é que a pesar de contar xa cos resultados dunha resonancia magnética, a inflamación no xeonllo afectado impedirá ata a próxima semana coñecer a realidade do problema que o pasado luns mandou ao dique seco a Charles Nkaloulou.
Día e hora: Sábado 18 - 20:00 h.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.