Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

24 de abril de 2015

O CONSELLO REGULADOR "RIAS BAIXAS" TEN QUE ESTAR EN CAMBADOS







A plataforma veciñal SOMOS CAMBADOS reclama a ubicación en Cambados da sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe “Rías Baixas”. Nos próximos días, o candidato á alcaldía, Tino Cordal, e membros desta candidatura reuniranse con diversos colectivos sociais, culturais e económicos de Cambados co obxecto de conciencialos da importancia que para a economía cambadesa tería a ubicación da sede do Consello Regulador en Cambados, ademais de supoñer un elemento de extraordinaria importancia na promoción da nosa vila. Somos Cambados entende que se trata dunhareivindicación xusta e apoiada na Historia.
Pois, desde tempos inmemoriais o nome de Cambados vai asociado ao viño Albariño. Xa a principios do século pasado a prensa comarcal recollía e apoiaba as demandas dos viticultores e adegueiros de Cambados e do Salnés que, conscientes do seu enorme potencial, reclamaban unha maior implicación das autoridades no fomento do Albariño. Desde hai máis de 60 anos Cambados celebra o principal acontecemento de promoción deste viño: a Festa do Albariño. Hoxe, o 75 % dos viticultores da Denominación de Orixe “Rías Baixas” son veciños do Salnés e máis do 60 % do viño prodúcese na nosa comarca. Por todas estas razóns, Cambados merece ser a sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe “Rías Baixas”.
Sen embargo, en outubro de 2003, nunha desacertada e incoherente decisión, levouse a sede do Consello Regulador a Pontevedra, a pesar de non estar incluída esta cidade na Denominación de Orixe “Rías Baixas”, feito insólito nas 70 Denominacións de Orixe existentes. Por cuestións administrativas e técnicas, 6.500 viticultores teñen que desprazarse varias veces ao ano á sede do Consello Regulador. Sendo outros os que se están a beneficiar do traballo en solitario realizado durante moitas décadas polas xentes de Cambados e O Salnés. Por poñer só un exemplo, nos numerosos programas de radio patrocinados polo Consello Regulador “Rías Baixas” para promocionar o Albariño, realizados todos eles en Pontevedra, as referencias a Cambados e á comarca do Salnés son inexistentes.
A ubicación da sede do Consello Regulador en Cambados constituiría unha extraordinaria oportunidade para o conxunto dos sectores económicos cambadeses, influíndo positivamente na xeración de riqueza e na tan necesaria creación de emprego, así como na promoción das numerosas potencialidades da nosa vila e da comarca do SalnésSOMOS CAMBADOS fai un chamamento á toda a cidadanía e a todos os colectivos sociais, culturais e económicos cambadeses para sumarse a esta reivindicación.
Por Historia. Por Xustiza. A sede do Consello Regulador “Rías Baixas” en Cambados!



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.