Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

21 de abril de 2015

I XORNADA "USO SOSTIBLE" DE FITOSANITARIOS NA VIÑA







DelagroForvi e as adegas Condes de AlbareiMartín Códax e Paco&Lola convocan a viticultores e técnicos vitivinícolas á I Xornada "Uso Sostible" na viña, en Cambados o xoves, 23 de abril.

Terá lugar de 19:00 a 21:00 horas na Sala José Peña, do Paseo Marítimo de Cambados e versará sobre normativa e uso sostible de produtos fitosanitarios.

O sector vitivinícola é un dos motores económicos da bisbarra do Salnés, polo que este ano, por primeira vez, tres adegas cooperativas (Condes de AlbareiMartín Códax e Paco&Lola) xunto coas entidades Delagro, cooperativa de segundo grao, e Forvi, tenda agraria cooperativa, colaboraron para reunir nunha xornada informativa especializada a varios relatores que expoñerán para os técnicos vitivinícolas e viticultores particulares as novidades en materia normativa e técnica de uso sostible de produtos fitosanitarios e maquinaria agrícola.


José Manuel Rodríguez, xestor de compras e vendas de produción vexetal de Delagro, dará a benvida aos asistentes ás 19:00 na Sala José Peña, de Cambados. Seguidamente, Mercedes Espasandín, encargada do ROMA (Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola) e do ITEAF (Inspección técnica de equipos de aplicación de produtos fitosanitarios) da Xunta, explicará as novidades na lexislación que afecta á inspección de maquinaria agrícola.
Afondará tamén en normativa aplicable aos usos sostibles en materia agroalimentaria Francisco García, xefe de agricultura sostible de Syngenta, compañía biotecnolóxica con presenza en máis de 90 países que integra solucións eficaces en protección de cultivos, produción de sementes e loita biolóxica.


Con respecto aos aspectos máis prácticos do cultivo da viña, Eleuterio Málaga, xefe de expertos de campo de Syngenta, explicará os principios de calibración da viña, mentres que Hugo Soares, xefe de produtos funxicidas da mesma compañía, mostrará o catálogo de produtos da viña de Syngenta.
Ás 21 horas clausurarase a xornada cunha cata de viño español.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.