

No caso de Judo Club Senín - Ximnasio Vital Sport, os deportistas Fran Trigo e Brais Castrelo conseguiron alzarse ambos os dous con senllas medallas de bronce no campionato Galego de Judo que se celebrou o sábado pola mañá na localidade de Marín. Ambos os dous judokas competiron na fase final de campionato autonómico entre os catro mellores deportistas do norte e os catro mellores deportistas do sur de Galicia. No caso de Fran en -50 kg e Brais en -42 kg, ambos os dous judokas gañaron dous dos tres combates disputados. Cabe destacar o alto nivel desta competición e que era a súa primeira actuación nun campionato autonómico para ambos os dous deportistas.
No caso do Taekwondo, os deportistas Carlos Sebastián Medranda, Roi Rodríguez e Pablo Domínguez, desprazáronse á localidade de Monforte de Lemos, onde participaron no Campionato Galego de Técnica, no que competían máis de 300 deportistas de toda Galicia, e no que, aínda que fixeron un bo papel, non conseguiron alcanzar os postos de medalla, quedándose Pablo Domínguez ás portas de conseguir un metal, ao clasificarse e pasar disputar a segunda rolda da súa categoría, podendo verse un nivel moi elevado en todos os competidores do Campionato.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.