Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

21 de marzo de 2015

RAFAEL LOUZÁN TERÁ QUE DECLARAR NO XULGADO EN CAMBADOS






Segundo informa Radiofusión. o  Xulgado de Cambados fixará nas vindeiras semanas a data do xuizo ao presidente da Deputación de Pontevedra Rafael Louzán. Os cargos refírense ao aluguer duns baixos comerciais en Vigo. 
A información correcta é que vai ir declarar aos Xulgados de Cambados, pois de ser xulgado será en Pontevedra.


O concelleiro en Pazos de Borbén e deputado provincial polo Partido Popular Severino Reguera alugoulle a Louzan uns baixos en 2008. Segundo o fiscal de Delitos Económicos de Pontevedra Augusto Santaló, na citada operación advertiuse un sobreprezo con respeito aos baixos do entorno. O presidente da Deputación recibe 15 euros o metro cadrado, cando un informe da Garda Civil situa os prezos medios na zona naquela data en 7 euros o metro cadrado. Se facemos caso ao citado informe, Louzán tería recibido nestes oito anos máis de 50.000 euros a maiores do aluguer, sen xustificar. En 2013 a Xunta de Galicia puxo en aluguer uns baixos na zona, ao prezo de 5 euros o metro cadrado.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.